IOS
iOS é un sistema operativo móbil desenvolvido por Apple Inc., lanzouse por primeira vez como iPhone OS en xuño de 2007, coincidindo co lanzamento da primeira xeración de iPhone.[1] O iPhone OS pasou a chamarse iOS despois do lanzamento do iPad, comezando con iOS 4.[2] Co iOS 13, Apple comezou a ofrecer un sistema operativo separado, iPadOS, para o iPad. iOS tamén é a base dos novos audioOS e tvOS, e comparte parte do seu código con macOS. Cada ano lánzanse novas versións de iOS xunto con novos modelos de iPhone. Dende o seu lanzamento en 2007 ata 2010 lánzanse novas versións en setembro ou outubro. A versión actual de iOS é iOS 17, lanzado o 18 de setembro de 2023. HistoriaHistorial de versións
Características
InterfaceOs elementos de control consisten en escorregadoiros, interruptores e botóns. A resposta ás ordes do usuario é inmediata e prové unha interface fluída. A interacción co sistema operativo inclúe xestos como esvaróns ou toques, que teñen definicións diferentes dependendo do contexto da interface. Utilízanse acelerómetros internos para conseguir que algunhas aplicacións respondan ao sacudir o dispositivo (por exemplo, para o comando desfacer) ou xiralo en tres dimensións (un resultado común é cambiar do modo vertical a apaisado ou horizontal). iOS deriva de macOS, que á súa vez está baseado en Darwin BSD, e polo tanto é un sistema operativo tipo UNIX. Pantalla principalA pantalla principal (chamada «SpringBoard») é onde se encontran as iconas das aplicacións e o “Dock” na parte inferior da pantalla, onde se poden ancorar aplicacións de uso frecuente, aparece ao desbloquear o dispositivo ou ao premer o botón de inicio. A pantalla ten unha barra de estado na parte superior para mostrar datos, tales como a hora, o nivel de batería e a intensidade do sinal. CarpetasCon iOS 4 introdúcese un sistema simple de carpetas. Pódese mover unha aplicación sobre outra e crearase unha carpeta podéndose agregar máis aplicacións a esta mediante o mesmo procedemento. O título da carpeta é seleccionado automaticamente polo tipo de aplicacións dentro dela, pero pode ser editado polo usuario. Coa saída de iOS 7, a cantidade máxima de aplicacións por carpeta aumentou considerablemente, pois ao abrir unha carpeta móstranse 9 iconas (3x3) e, ao agregar máis aplicacións, vanse creando páxinas ás que se pode acceder esvarando sobre a pantalla. SeguridadeAntes da saída de iOS 7 ao mercado, existía un enorme índice de roubos dos diversos modelos de iPhone, o que provocou que o goberno estadounidense solicitara a Apple crear un sistema de seguridade infalible que inutilizara os equipos en caso de roubo. Foi creada entón a activación por iCloud, que solicita os datos de acceso da conta do usuario orixinal, o que permite bloquear e inutilizar o equipo ao perdelo ou ser vítima de roubo do mesmo. De igual maneira, é posíbel coñecer a localización vía GPS do dispositivo e mostrar mensaxes na pantalla. Ata a data non existe un método comprobado para evitar a activación de iCloud o que converte a iOS 7+ no sistema operativo móbil máis seguro do mercado. Coa chegada de iOS 9.1, é imposíbel encontrar vulnerabilidades que afecten ao dispositivo, levando a Apple, a ocupar o posto máis alto na lista dos softwares máis seguros. Non obstante, iOS 9.3 foi un completo fracaso en canto a seguridade e vulnerabilidade co jailbreak. Porén, o 25 de agosto Apple liberou iOS 9.3.5 o cal reparaba esta vulnerabilidade. Co lanzamento de iOS 10, usuarios reportaron unha gran vulnerabilidade con iCloud, ao poderse desactivar "Find My iPhone" (Buscar o Meu iPhone) sen ingresar o contrasinal do Apple ID.
Notas
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas
|