Esta é unha lista de misións diplomáticas de Israel, que exclúe os consulados honoríficos. Israel conta con 70 embaixadas, 23 consulados e cinco misións 'especiais' nos 159 estados que recoñecen a Israel.
Dende a súa creación, Israel ten procurado o recoñecemento diplomática da comunidade internacional. O seu maior golpe diplomático chegou corecoñecemento de Exipto a finais da década de 1970, e Xordania a principiosda década de 1990, o que propiciou a apertura de embaixadas no Cairo e en Amán. Durante os últimos anos dos anos 1980, varias embaixadas foron abertas/reabertas nos estados do antigo Bloque do Leste co final da guerra fría. As perspectivas dun acordo de paz en Oriente Medio a mediados da década de 1990 levaron ás oficinas do goberno israelí (que aparecen como oficinas de representación comercial) a abrir en varios estados árabes e islámicos como Níxer, Marrocos, Tunisia, Omán e Qatar), todas elas xa pechadas. Israel pechou as súas embaixadas en Mauritania e Venezuela despois das guerra de Gaza adendendo as demandas dos gobernos deses países.