Hendrik Enno van Gelder (numismático)

Para o arquiveiro e director de museo con nome e apelido coincidentes, véxase Hendrik Enno van Gelder (arquiveiro)
Modelo:BiografíaHendrik Enno van Gelder
–H. E. van Gelder–
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1916
Rotterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1998.
Zeist.
Utrecht
Países Baixos Países Baixos
País de nacionalidadeNeerlandesa.
Educación Universidade de Leiden.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeM. C. Gevaerts (1948). Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1972): Medalla Huntington (ANS).
- (1973): Medalla da RNS.
- (1975): Premio da GIG.


Hendrik Enno van Gelder, nado o 22 de setembro de 1916 en Rotterdam e finado o 7 de marzo de 1998 en Zeist, foi un numismático neerlandés, profesor da Universidade de Leiden e director do Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet) dos Países Baixos.

Traxectoria

Orixe familiar e formación

Tanto o pai como a nai de Hendrik Enno van Gelder eran historiadores. Do mesmo modo que os seus dous irmáns, leva como segundo nome Enno seguindo unha tradición familiar. O seu tío, Hendrik Enno van Gelder, de nome e apelidos coincidentes, era arquiveiro municipal da Haia e director do Gemeentemuseum. Para evitar confusións, o sobriño asinou as súas publicacións como H. E. van Gelder.[1]

En 1918 a súa familia trasladouse a Breda e en 1929 fixou a súa residencia na Haia, onde recibiu a súa educación secundaria, no Gymnasium Haganum. Entre 1934 e 1941 fixo os seus estudos superiores de Letras Clásicas e Historia Antiga na Universidade de Leiden, e en 1942 graduouse cun mestrado en Historia.

Na universidade tivo a súa primeira toma de contacto coa moeda grega e da Antiga Roma, integrada nos seus estudos da Antigüidade Clásica. En 1941 fixo a súa primeira visita ao Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet), deu unha conferencia sobre a moeda de Augusto e comezou a facer as súas primeiras publicacións.[1]

Carreira

Logo dunha primeira experiencia como profesor, en abril de 1944 ingresou como axudante científico no Koninklijk Penningkabinet, na Haia, o que lle permitiu o acceso a lecturas na súa biblioteca especializada que forxaron o seu futuro como numismático. A van Gelder encomendóuselle participar na reorganización dos fondos do Gabinete e da súa biblioteca, que permaneceran ocultos durante a ocupación nazi, na segunda guerra mundial. Un dos principais labores que levou a cabo nesta institución foi a catalogación sistemática das moedas dos Países Baixos da Idade Media e do período borgoñón.[2] En paralelo a esta dedicación, van Gelder preparou a súa tese acerca da reforma monetaria durante a república de 1659-1694, coa que acadou o seu doutoramento en 1949[3], e o 1 de decembro dese mesmo ano foi nomeado director do Koninklijk Penningkabinet, logo do falecemento do ata entón director, J. van Kuyk.[4] Exerceu este cargo durante 31 anos, ata que se retirou o 1 de marzo de 1980.[5][6]

En 1976, van Gelder accedeu ao posto de profesor de Numismática e Historia do Diñeiro na Universidade de Leiden.[7][8] Na súa toma de posesión na cátedra, pronunciou unha disertación acerca das moedas e o diñeiro no século XVI.[9] Van Gelder mantivo a docencia en Leiden ata a súa xubilación en 1983.[5]

Á parte da súa dedicación ao Gabinete Real de Medallas e á universidade, van Gelder, colaborou con outras a. Entre 1946 e 1965 foi secretario da Real Sociedade Numismática dos Países Baixos, e de 1948 a 1980 do Círculo Numismático da Haia, e entre 1962 e 1986 foi conservador do Museo de Teyler. Foi particularmente destacado o seu labor como secretario da Comisión Internacional de Numismática (1953-1963), onde participou na organización do Congreso Internacional de Numismática de París (1953) e no de Roma (1961). Tamén pertenceu ao consello directivo da Federación Internacional da Medalla de Arte.[10][11] Entre as entidades asociativas doutros países, foi membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e da Sociedade Francesa de Numismática, e membro correspondente American Numismatic Society.[7][12][13]

No ámbito familiar, Hendrik Enno van Gelder casou en 1948 con M. C. Gevaerts, con quen tivo dous fillos e unha filla.[4]

Recoñecementos

Publicacións

Van Gelder foi un prolífico autor de artigos nas máis prestixiosas revistas numismáticas da súa época e colaboracións en publicacións conxuntas, así como de diversas publicacións monográficas:[18][19][20]

Escolma de monografías

  • (1948). De penningen en het geld van den Tachtigjarigen Oorlog (con J. van Kuyk). Martinus Nijhoff, A Haia.
  • (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam.
  • (1951). Vondst van 12e-eeuwse munten te Arnhem.
  • (1955). De Nederlandse noodmunten van de Tachtigjarige Oorlog. Staatsdrukkerij- en Uitgeverijbedrijf, A Haia.
  • (1958). Noord-Nederlands kleingeld omstreeks 1400.
  • (1963). Schweizerische Münzen in niederländischen Münztarifen.
  • (1965). Portrait medals of Hugo Grotius. Norstedt, Estocolmo.
  • (1966). Munten kwamen tot leven (con M- P. de Bruin). Stichting IVIO, Ámsterdam.
  • (1960). Les monnaies des Pays-Bas bourguignons et espagnols, 1434-1713: répertoire général (con M. Hoc). Schulman, Ámsterdam.
  • (1961). Geld uit de grond. Stichting IVIO, Ámsterdam.
  • (1965). De Nederlandse munten. Het Spectrum, Utrecht.
  • (1965). Münzvalvation in Deventer und Dortmund.
  • (1966). Muntvondst Serooskerke 1966.
  • (1966). Het goud van Serooskerke.
  • (1967). Munten in muntvondsten (con J. S. Boersma). Fibula-Van Dishoeck, Bussum.
  • (1973). De muntvondst van boerderij 'Langeveld' onder Feerwerd (con J. W. Boersma).
  • (1974). Klein geld, grof geld. Stichting Gemeentelijk Cultuurfonds, A Haia.
  • (1976). Munten en geld in de 16e eeuw. Universitaire Pers, Leiden. ISBN 9789060212981
  • (1990). De reiskas van graaf Willem IV. Koninklijk Penningkabinet, Leiden.
  • (1995). Gedrukte muntplakkaten. Koninklijk Penningkabinet, Leiden.1916-1998)

Notas

  1. 1,0 1,1 Van der Meer. (1999). Páxina 1.
  2. Van der Meer. (1999). Páxina 2.
  3. Gelder, H. E. Van. (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam.
  4. 4,0 4,1 Van der Meer. (1999). Páxina 3.
  5. 5,0 5,1 Van der Meer. (1999). Páxina 6.
  6. Scharloo, M. (1998). Páxina 99.
  7. 7,0 7,1 Purmer, D. (1998). Páxina 103.
  8. Scharloo, M. (1998). Páxina 101.
  9. Gelder, H. E. van. (1976). Munten en geld in de 16e eeuw : rede, uitgesproken bij de aanvaarding van het ambt van bijzonder hoogleraar in de numismatiek aan de Rijksuniversiteit te Leiden op 28 mei 1976. Universitaire Pers, Leiden.
  10. Van der Meer. (1999). Páxina 4.
  11. Scharloo, M. (1998). Páxina 100.
  12. Van der Meer. (1999). Páxina 5.
  13. Scharloo, M. (1998). Páxina 102.
  14. Mateu Ibars. J.; Mateu Ibars, M. D. (1984). Titula de Felipe Mateu y Llopis. Su obra científica al conmemorar el LXXXIII aniversario. Universidad de Barcelona. Páxina 99. ISBN 84-7528-160-5
  15. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  16. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  17. "GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da SHMI.
  18. Scheffers, A. A. J. (1999).
  19. "Gelder, Hendrik Enno van 1916-1998 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  20. "Gelder, H. Enno van (Hendrik Enno) 1916-1998". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Read other articles:

Berikut ini adalah daftar stasiun televisi di Sumatera Barat. Catatan: Kecuali pada stasiun tertentu, nama-nama stasiun swasta yang berjaringan dalam artikel ini secara umum ditulis dalam format [Nama jaringan] [Nama kota/kabupaten]. Nama-nama tersebut belum tentu benar, bila ada kesalahan mohon untuk menyunting bagian ini. Terestrial Digital Sumatera Barat-1 Stasiun digital (DVB-T2) meliputi Kota Padang, Kota Pariaman, Kota Bukittinggi, Kota Padang Panjang, Kota Solok, Kota Sawahlunto, Kabup...

 

Daftar raja Epiros di bawah ini meliputi semua[1] raja dan ratu, bersama dengan pangeran dan putri sampai perwakilan terakhir dinasti Aeacid dimana demokrasi didirikan. Pada 168 SM, Epiros menjadi provinsi Romawi Epirus Vetus. Tanggal di dalam kurung menandakan periode kekuasaan jika diketahui. Tribes of Epirus in antiquity Admetus (sebelum 470 – 430 SM) Tharrhypas (430 – 392 SM) Alcetas I (390 – 370 SM) Neoptolemus I (370 – 357 SM) Arybbas (373 SM – 343 SM) Alexander I (342...

 

Vera DrakePoster film Vera DrakeSutradaraMike LeighProduserSimon Channing WilliamsDitulis olehMike LeighPemeranImelda StauntonPhil DavisRichard GrahamEddie MarsanAnna KeaveneySally HawkinsAlex KellyDaniel MaysPenata musikAndrew DicksonSinematograferDick PopePenyuntingJim ClarkPerusahaanproduksiThin Man FilmsDistributorMomentum Pictures(Britania Raya)Fine Line Features(Amerika Serikat)Tanggal rilis 6 September 2004 (2004-09-06) (Festival Film Venesia) 22 Oktober 2004 (2004-...

Halaman ini berisi artikel tentang wilayah metropolitan di Australia. Untuk wilayah pemerintah lokal, lihat City of Sydney. Untuk kegunaan lain, lihat Sydney (disambiguasi). SydneyNew South WalesSydney CBD skyline, Sydney Opera House; St Andrew's Cathedral, Sydney Harbour National Park, Sydney Harbour BridgeOpenStreetMap SydneyKoordinat33°51′35.9″S 151°12′40″E / 33.859972°S 151.21111°E / -33.859972; 151.21111Koordinat: 33°51′35.9″S 151°12′40″E...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع قدمغاه (توضيح). قدمغاه قدمگاه  - city -  تقسيم إداري البلد  إيران[1] المحافظة خراسان رضوي المقاطعة مقاطعة نيسابور الناحية Zeberkhan خصائص جغرافية إحداثيات 36°06′23″N 59°03′39″E / 36.10639°N 59.06083°E / 36.10639; 59.06083 الارتفاع 1297 متر[2]  الس...

 

BordanoKomuneComune di BordanoNegaraItaliaWilayahFriuli-Venezia GiuliaProvinsiUdine (UD)FrazioniInterneppoPemerintahan • Wali kotaGianluigi ColombaLuas • Total15,2 km2 (59 sq mi)Ketinggian224 m (735 ft)Populasi (Desember 2004) • Total815 • Kepadatan5,4/km2 (14/sq mi)DemonimBordanesiZona waktuUTC+1 (CET) • Musim panas (DST)UTC+2 (CEST)Kode pos33010Kode area telepon0432Situs webSitus web resmi Bordano...

1930 film Hold Everythingtheatrical release posterDirected byRoy Del RuthWritten byRobert LordBased onplay by Buddy G. DeSylva, Ray Henderson, and John McGowanStarringWinnie LightnerJoe E. BrownCinematographyDevereaux Jennings (Technicolor)Edited byWilliam HolmesMusic byJoseph Burke Ray HendersonProductioncompanyWarner Bros.Distributed byWarner Bros.Release date March 20, 1930 (1930-03-20) Running time78 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglishBudget$491,000[1]Box off...

 

Foivreruisseau du Mignyruisseau de Buissonwéruisseau de l'Aunaie La Foivre à Wignicourt. Caractéristiques Longueur 21,7 km [1] Bassin collecteur la Seine Débit moyen (Givry) Nombre de Strahler 3 Organisme gestionnaire EPTB Entente Oise-Aisne[2] Régime pluvial océanique Cours Source au sud du village · Localisation Neuvizy · Altitude 204 m · Coordonnées 49° 37′ 36″ N, 4° 31′ 58″ E Confluence l'Aisne · Localisation Givry · Altitude ...

 

2018 studio album by Dedekind CutTahoeStudio album by Dedekind CutReleasedFebruary 23, 2018 (2018-02-23)Length52:18LabelKrankyProducerFred WarmsleyDedekind Cut chronology Successor(2016) Tahoe(2018) Professional ratingsAggregate scoresSourceRatingMetacritic75/100[1]Review scoresSourceRatingAllMusic[2]Drowned in Sound8/10[3]Exclaim!8/10[4]Pitchfork7.2/10[5] Tahoe is the second studio album by American musician Fred Warmsley, under ...

Neighbourhood in Edmonton, Alberta, CanadaHighlandsNeighbourhoodHighlandsLocation of Highlands in EdmontonCoordinates: 53°33′58″N 113°25′55″W / 53.566°N 113.432°W / 53.566; -113.432Country CanadaProvince AlbertaCityEdmontonQuadrant[1]NWWard[1]MétisSector[2]Mature areaGovernment[3] • Administrative bodyEdmonton City Council • CouncillorAshley SalvadorArea[4] • Total1....

 

Duisburg StadtbahnMuehlenkamp Stadtbahn station at night.OverviewLocaleDuisburg and Düsseldorf, North Rhine-Westphalia, GermanyTransit typeLight rail (Stadtbahn) and tramwayNumber of lines3WebsiteDuisburger Verkehrsgesellschaft (in German)OperationOperator(s)Duisburger Verkehrsgesellschaft [de] (DVG)TechnicalTrack gauge1,435 mm (4 ft 8+1⁄2 in) System map Duisburg Stadtbahn network (2013) showing underground sections in blue and other sections in red. T...

 

ヨハネス12世 第130代 ローマ教皇 教皇就任 955年12月16日教皇離任 964年5月14日先代 アガペトゥス2世次代 レオ8世個人情報出生 937年スポレート公国(中部イタリア)スポレート死去 964年5月14日 教皇領、ローマ原国籍 スポレート公国親 父アルベリーコ2世(スポレート公)、母アルダその他のヨハネステンプレートを表示 ヨハネス12世(Ioannes XII、937年 - 964年5月14日)は、ロ...

此条目序言章节没有充分总结全文内容要点。 (2019年3月21日)请考虑扩充序言,清晰概述条目所有重點。请在条目的讨论页讨论此问题。 哈萨克斯坦總統哈薩克總統旗現任Қасым-Жомарт Кемелұлы Тоқаев卡瑟姆若马尔特·托卡耶夫自2019年3月20日在任任期7年首任努尔苏丹·纳扎尔巴耶夫设立1990年4月24日(哈薩克蘇維埃社會主義共和國總統) 哈萨克斯坦 哈萨克斯坦政府...

 

There are localized concentrations of Italian Americans in many metropolitan areas of the United States, especially in the industrial cities of the Northeast and Midwest, as well as certain cities in California. Today, the state of New York has the largest population of Italian-Americans, while Rhode Island and Connecticut have the highest overall percentages in relation to their respective populations. In contrast, most of the rest of the country (exceptions being South Florida and New Orle...

 

British comic theatrical genre This article is about the English theatrical genre. For the 1900 ballet, see Les Millions d'Arlequin. For the 1930 ballet, see Harlequinade (1930 ballet). For the 1948 play, see Harlequinade (Rattigan). An 1890 bookcover showing the harlequinade characters Harlequinade is an English comic theatrical genre, defined by the Oxford English Dictionary as that part of a pantomime in which the harlequin and clown play the principal parts. It developed in England betwee...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Auxiliary Fire Service – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2013) (Learn how and when to remove this message) A post-war Bedford RLHZ Self Propelled Pump (Green Goddess). The Auxiliary Fire Service (AFS) was first formed in 1938 in Great Brit...

 

Pour les articles homonymes, voir Montalembert. Charles de MontalembertPortrait de Charles Forbes, comte de Montalembertpar George Peter Alexander Healy en 1855.FonctionsFauteuil 21 de l'Académie française9 janvier 1851 - 13 mars 1870Joseph DrozHenri d'OrléansDéputé du Doubs23 avril 1848 - 29 mai 1857Pair de France14 mai 1835 - février 1848Titre de noblesseComteBiographieNaissance 15 avril 1810LondresDécès 13 mars 1870 (à 59 ans)7e arrondissement de ParisSépulture Cimeti�...

 

Anti-aircraft and aerial defense service branch of the Islamic Republic of Iran Army Islamic Republic of Iran Air Defense BaseThe seal of the Islamic Republic of Iran Air Defense ForceFounded1933–1954 (Part of Ground Force)[1]1954–2008 (Part of Air Force)[1]2008–Present (As Separate Force)Country IranTypeAir defenceSize17,000 (estimate)[2]Part ofArteshHeadquartersTehranMotto(s)Arabic: وَمَا رَمَيْتَ إِذْ رَمَيْتَ وَلَـكِ�...

Saint-Ouen-le-MaugercomuneLocalizzazioneStato Francia Regione Normandia Dipartimento Senna Marittima ArrondissementDieppe CantoneLuneray TerritorioCoordinate49°46′N 0°58′E49°46′N, 0°58′E (Saint-Ouen-le-Mauger) Superficie6,1 km² Abitanti202[1] (2009) Densità33,11 ab./km² Altre informazioniCod. postale76730 Fuso orarioUTC+1 Codice INSEE76629 CartografiaSaint-Ouen-le-Mauger Modifica dati su Wikidata · Manuale Saint-Ouen-le-Mauger è un comune fran...

 

ヴォーン・ジョーンズ(2007年) ヴォーン・フレデリック・ランダル・ジョーンズ(Vaughan Frederick Randal Jones、KNZM、1952年12月31日 - 2020年9月6日)は、ニュージーランド出身の数学者。ヴァンダービルト大学特別教授、カリフォルニア大学バークレー校名誉教授、オークランド大学招聘教授。 1990年フィールズ賞受賞。専門はフォン・ノイマン環、数理物理学、低次元位相幾�...