31 de outubro - En Palma de Mallorca, matricúlase o primeiro coche en España. No mesmo ano matriculáronse outros tres coches máis: en Cáceres, Palma e Salamanca.
8 de maio - Violenta erupción da Montaña Pelée, na illa antillana da Martinica. A cidade de Saint-Pierre ficará completamente arrasada (30 000 mortos).
Por vez primeira é utilizado o termo Oriente Medio, nun artigo da National Review, publicada en Londres, do estadounidense Alfred Thayer Mahan, especialista de historia naval.
18 de abril - Un forte terremoto, de 8,25 graos na escala de Ritcher, destrúe boa parte da cidade de San Francisco, e é seguido por un incendio que durou tres días.
Créase na Coruña a agrupación Solidaridad Gallega, que se propón fomentar o agrarismo e o rexionalismo. Durante as súas actuacións son pronunciados discursos en galego, feito insólito naquela altura.
24 de setembro - Sae dunha liña de montaxe o primeiro Ford Modelo T, o primeiro automóbil en ser fabricado en masa. A súa produción chegou a ser de máis de 15 millóns de unidades.
9 de febreiro - O acordo entre Francia e o Imperio alemán recoñece a preponderancia política francesa sobre Marrocos, a cambio dun acceso comercial e industrial alemán.