Alzheimer identificou por vez primeira os síntomas do mal que despois se coñecería como alzhéimer. Observounos nunha paciente que viu en 1901, e publicou en 1906 os descubrimentos que fixo ao examinar post mórtem o seu cerebro.
Alzheimer estudou nas universidades de Tubinga, Berlín e Würzburg, onde se licenciou en Medicina en 1887. Ao ano seguinte estivo cinco meses asistindo a enfermas mentais, antes de ocuparse dunha consulta nun asilo mental de Frankfurt. Alí coñeceu ao neurólogo Franz Nissl (1860-1919). Gran parte do traballo de Alzheimer en patoloxía cerebral baséase no método de Nissl, que consistía nunha tintura de prata das seccións histolóxicas.
Foi cofundador e copublicador da revista Zeitschrift für die gesamte Neurologie und Psychiatrie. Non escribiu ningunha obra en solitario.
En decembro de 1915 Alzheimer enfermou durante unha viaxe en tren a Wrocław. Probablemente afectoulle unha infección de estreptococo que lle provocou febre e insuficiencia renal. Morreu aos 51 anos dun ataque ao corazón.