Data |
Lugar |
Descrición |
Vítimas
|
16/09/1878 |
Entre Redondela e Vigo, km 9 |
Descarrilou o tren da liña Ourense-Vigo polo mal estado das travesas, quedando só a máquina na vía. |
Sen danos persoais
|
28/07/1881 |
Viaduto de Madrid (Redondela) |
O condutor do tren mixto procedente de Tui golpeou coa cabeza o petril do viaduto mentres examinaba unha peza da parte inferior do furgón no que viña, e caeu ao baleiro |
|
20/01/1886 |
San Clodio (Ribas de Sil) |
Descarrilou un tren de viaxeiros por mor dunha forte nevarada que provocou o derrubamento dunha trincheira. |
Unha persoa morta e cinco feridas.
|
1895 |
Redondela |
Colisión do tren Correo de Castela nº3 co de Vigo nº 26. Ás 23:48 entraron ó mesmo tempo en agullas. O xefe de estación alertou co disco anunciador ó tren de Vigo. O maquinista fixo retroceder o tren, máis o Correo de Castela procedente de Porriño non tivo tempo de frear. |
Doce persoas feridas.
|
26/02/1896 |
Estación de Redondela |
Chocaron un tren correo e un mercadorías. |
Dúas persoas mortas e once feridas.
|
17/05/1899 |
Chapela (Redondela) |
Atropelo |
Faleceu unha meniña de dous anos e medio.
|
17/04/1901 |
O Coto (Cesantes, Redondela) |
Atropelo. |
Adelaida Figueroa, de 18 anos faleceu ao tentar salvar unha nena que se atopaba distraída na vía.
|
11/08/1901 |
Estación de Redondela |
Unha máquina e cinco vagóns descarrilados. |
Varias persoas feridos sen gravidade.
|
?/09/1902 |
Redondela |
Atropelo do tren correo. |
Rita Prieto Malde resultou ferida de gravidade nun brazo.
|
07/11/1902 |
Preto da estación de San Clodio - Quiroga |
Descarrilou un tren de mercadorías. |
Unha persoa morta e catro feridas.
|
06/06/1906 |
Preto do Barco de Valdeorras. |
Descarrilou un tren mixto. |
Unha persoa morta e outra ferida.
|
19/06/1908 |
Redondela |
O tren que viña de Vigo atropelou unha muller que caera á vía ao ser agredida por unha parella de bois que coidaba logo de que estes se asustasen polo ruído do tren ao saír do túnel. |
Morte de Regina Carrera.[1]
|
28/05/1910 |
Entre o túnel dos Valos e o viaduto de Redondela |
Atropelo do tren descendente nº 11 |
Faleceu José Martínez Pérez.
|
18/12/1910 |
Entre Arcade e Redondela |
Descarrilamento por mor dun desprendemento de terras. |
Sen danos persoais.
|
14/05/1914 |
Estación de Redondela |
O tren rápido Vigo-Santiago rozou por un lateral cun tren de traballo que retrocedía da vía-apartado, do cal descarrilaron tres plataformas. |
Dous ou tres pasaxeiros feridos leves.
|
10/03/1915 |
Entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente) |
Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. |
19 persoas mortas e 25 feridas.[2].
|
12/11/1916 |
Estación de Bóveda |
Choque de dous trens de mercadorías. |
Unha persoa morta e seis feridas.[3].
|
19/01/1917 |
Estación das Neves |
Descarrilamento de cinco vagóns dun tren de mercancías cargado de mistos.[4] |
|
27/09/1918 |
Estación de Ribadavia |
Descarrila un tren rápido. |
Catro feridos.[5]
|
02/03/1919 |
Proximidades de Redondela |
Caen dous obreiros dun tren de carga ao pasar por un túnel. |
Un morto e un ferido grave.[6]
|
13/09/1922 |
Estación de Monforte de Lemos |
Atropelo de dúas mulleres. |
Un morto e un ferido.[7]
|
07/10/1928 |
Paredes (Vilaboa) |
Descarrilou o correo matutino Pontevedra-Vigo, e o ténder da locomotora e varios vagóns caeron á enseada de San Simón por un terraplén de 7 metros. Dos vinte e catro vagóns do convoi, cinco eran de pasaxeiros, mais non se viron afectados ao iren na cola do tren. |
Unha persoa morreu ao saltar do tren en marcha cando viu que descarrilaba, e dúas persoas resultaron feridas.[8]
|
03/12/1928 |
Guitiriz |
Un tren de mercadorías atropela un coche nun paso a nivel, estoupando o depósito de gasolina. |
Tres mortos, entre eles o exhibidor cinematográfico Antonio Méndez Laserna.[9]
|
20/06/1929 |
Estación de Redondela |
Atropelo. Unha señora levaba no colo a súa filla pequena, e baixou do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. Foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o bordo da plataforma, e as rodas do tren amputáronlle un brazo á meniña. |
Unha ferida.
|
21/05/1930 |
Estación de San Clodio |
Atropelo. |
Dous feridos.[10]
|
14/10/1930 |
Entre a estación da Pousa (Crecente) e a estación de Arbo |
Descarrilou o expreso Madrid-Vigo. |
Unha persoa morta e doce feridas.[11]
|
18/03/1931 |
Estación de Redondela |
Atropelo. Un mozo apeouse do tren, e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina e caeu á vía. O tren arrastrouno uns metros aprisionado entre a plataforma e o estribo. |
Un ferido leve.
|
18/03/1931 |
Estación de Redondela |
O tren procedente de Santiago non deu freado e rebentou os topes situados ao final da vía morta, polo que descarrilou. |
O maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves.
|
05/10/1931 |
Estación de Vigo |
Un home é atropelado cando cruzaba a vía. |
Morte de Estanislao Méndez Treviño.[12]
|
10/02/1932 |
Rande (Cedeira, Redondela) |
Un tren descarrilou a carón da Vidreira. |
Sen danos persoais.
|
23/03/1932 |
|
Un home é atropelado cando trataba de subir ao tren. |
Un morto.[13]
|
10/07/1933 |
Preto da estación de Curtis |
Descarrilou un furgón e dous coches do expreso Madrid-A Coruña. |
Tres persoas mortas e 47 feridas.
|
08/08/1933 |
Proximidades da estación de Barallobre |
Descarrila un vagón de pasaxeiros unido a un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[14]
|
23/09/1933 |
Preto do viaduto de Pontevedra (Redondela) |
Atropelo, logo de que unha muller xorda non escoitase o tren |
Unha persoa morta.
|
11/10/1933 |
Proximidades da estación de Montefurado |
Chocan o expreso de Galicia e un tren mixto. |
Nove feridos.[15]
|
?/11/1934 |
Estación de Redondela |
Un home caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra, e faleceu atropelado. |
Morte de Francisco Iglesias Lusquiños, de 65 anos.
|
11/10/1935 |
Entre a estación de San Clodio - Quiroga e a estación da Pobra do Brollón |
Descarrilou un tren de mercadorías. |
Unha persoa morta e tres feridas.
|
17/10/1935 |
Entre as estacións de Parga e Baamonde |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[16]
|
04/12/1935 |
Estación de Monforte de Lemos |
Atropelo dunha muller. |
Un morto.[17]
|
02/07/1936 |
Estación do Norte (A Coruña) |
Unha máquina atropela un grupo de persoas que ían á beiravía. |
Cinco feridos.[18]
|
08/08/1939] |
Panxón (Nigrán) |
Un tren atropela un home que intentara subir en marcha. |
Morte de Ventura Requejo.[19]
|
12/08/1939 |
Túnel de Redondela |
Un tren atropela unha muller e a súa filla, que intentaban subir. |
Morte de María Rodríguez, de 62 anos.[20]
|
20/09/1948 |
Entre as estacións de Valos e Redondela |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[21]
|
05/08/1948 |
Entre Parga e Baamonde |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[22]
|
22/03/1949 |
Estación de Betanzos - Norte |
Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. |
Dous mortos e dous feridos.[23]
|
16/07/1949 |
As Curuxeiras |
Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. |
Un morto, un ferido e un desaparecido.[24]
|
19/07/1949 |
Estación de Arcade |
Chocan dous trens. |
Catorce feridos.[25]
|
21/10/1949 |
Paso a nivel de Paredes (Vilaboa) |
Unha camioneta é atropelada cando regresaba de Vigo a Pontevedra. |
Falecidos Rodolfo Estévez López e o director da Banda Popular de Marín, José R. Sampablo. Varios músicos feridos[26].
|
06/12/1950 |
Preto da estación de Cecebre (Cambre) |
Choque do correo Madrid–A Coruña cun automotor. |
Cinco persoas mortas e arredor de dez feridas.[27].
|
27/11/1951 |
Chapela (Redondela) |
Descarrilamento da máquina do tren mixto da liña Vigo-Madrid por un desprendemento de terra. |
Sen danos persoais.
|
30/12/1951 |
Estación de Redondela |
Descarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola do tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta. |
Varios feridos, un deles de gravidade.
|
08/03/1952 |
A Pobra de San Xiao (Láncara) |
Unha locomotora chocou contra un tren. |
Morreu o gardafreos.
|
18/03/1952 |
Estación de Redondela |
Atropelo do tren especial de Pontevedra mentres manobraba. |
Un ferido ao sufrir a amputación dun pé.
|
20/05/1952 |
Entre a estación de Padrón e a estación da Escravitude |
O expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso. |
Doce persoas mortas e numerosas feridas.[28].
|
29/09/1952 |
Estación de Quereño |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Dous feridos.[29]
|
28/11/1952 |
Estación do Barco de Valdeorras |
Descarrila un tren correo. |
Sen danos persoais.[30]
|
28/11/1952 |
Estación dos Peares |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Un ferido.[30]
|
07/01/1954 |
Entre as estacións de Curtis e Cesuras |
Descarrilamento de cinco vagóns do expreso Madrid-A Coruña. |
Un ferido leve.[31]
|
24/09/1954 |
Rábade |
Atropelo. |
Un morto. O gardagullas Evangelista Rey Galán faleceu ao salvar a vida dun neno[32]
|
23/11/1954 |
Viaduto da Chanca |
Atropelo. |
Un morto.[33]
|
09/12/1954 |
Entre as estacións de Filgueira e Ribadavia |
Descarrila unha máquina de tren. |
Sen danos persoais.[34]
|
18/03/1955 |
Viaduto da Chanca |
Un home caeu á vía mentres viaxaba no tren. |
Un ferido.[35]
|
24/03/1955 |
Estación da Coruña |
Un tren correo atropela unha muller. |
Morte de María de los Ángeles Valencia Fernández.[36]
|
10/12/1955 |
Estación de Laxosa |
Chocan un expreso CV 12 e o Shanghai 413. |
Sete feridos.[37]
|
19/01/1956 |
Estación de Redondela |
Un tren que entraba no depósito de máquinas chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria. |
Dous feridos: o condutor e o fogueiro do tren de mercadorías.
|
17/08/1956 |
Na estación de Teixeiro |
Chocaron dous mercantes por un erro no cambio de agullas. |
Dúas persoas mortas e outras dúas feridas.
|
21/09/1956 |
Ourense |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Un morto e un ferido.[38]
|
29/09/1956 |
Estación de Lugo |
O expreso A Coruña-Madrid sofre un corte de tensión que provoca unha detención repentina e descarrilan algúns vagóns. |
Sen danos persoais.[39]
|
01/11/1956 |
Entre as estacións da Pobra do Brollón e do Freixeiro |
Varios vagóns de mercadorías saen da vía. |
Dous feridos.[40]
|
04/12/1956 |
Estación da Rúa - Petín |
Descarrilan cinco vagóns do correo Vigo-A Coruña-Madrid. |
Sen danos persoais.[41]
|
28/12/1956 |
Entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) |
Descarrilou o expreso Madrid-A Coruña. |
Cinco persoas mortas e 49 feridas.[42].
|
02/06/1957 |
Túnel entre as estacións de Areas e Santo Estevo |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Dous feridos.[43]
|
22/07/1957 |
Na estación de Vilagarcía de Arousa. |
Bateron de fronte dous trens de viaxeiros das liñas A Coruña-Vigo e Vigo-Santiago de Compostela, por un erro na posición dos cambios de agullas. |
39 persoas feridas.
|
02/09/1957 |
Proximidades da estación de Pontevedra |
Un tren atropela un rapaz de catorce anos. |
Un morto.[44]
|
04/09/1957 |
Estación do Freixeiro |
Descarrilan dous vagóns con cemento e salvado. |
Un ferido grave.[45]
|
21/03/1958 |
Chapela (Redondela) |
O tren curto de Pontevedra descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do cal había casas habitadas. |
Sen danos persoais.
|
05/07/1958 |
Ponte de San Xoán |
Un tren atropela un home. |
Un morto.[46]
|
26/08/1958 |
Entre as estacións de Chapela e Vigo |
Atropelo. |
Un morto.[47]
|
27/10/1958 |
Estación de Santo Estevo do Sil |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[48]
|
28/10/1958 |
Estación de Ourense-Empalme |
Choca unha máquina diésel coa máquina dun expreso. |
Catro feridos.[49]
|
03/01/1959 |
|
Un tren atropela un home. |
Un morto.[50]
|
03/01/1959 |
Estación de Sarria |
Un tren atropela unha muller. |
Un ferido moi grave.[50]
|
23/03/1960 |
Salvaterra de Miño |
Atropelo. |
Un morto.[51]
|
12/08/1960 |
Estación de Ribadavia |
Choque de dous trens. |
Once feridos graves.[52]
|
15/05/1961 |
Verín |
Atropelo. |
Un morto.[53]
|
01/05/1962 |
|
Atropelo. |
Un morto.[54]
|
20/12/1963 |
Preto da estación de Oural (Sarria) |
Descarrilaron varios vagóns dun tren mercadorías. |
Unha persoa morta e dúas feridas.
|
02/01/1964 |
Baños de Molgas |
Descarrilou a locomotora do tren da liña Ourense-Zamora ao saír do túnel 88. Caeu nun camiño polo que circulaba un ciclista, que faleceu. |
Unha persoa morta.
|
01/01/1966 |
Proximidades da estación da Pobra do Brollón |
Atropelado un traballador das vías. |
Un morto.[55]
|
29/09/1967 |
Entre Ribeiras de Lea e Outeiro de Rei |
Atropelo. |
Un morto.[56]
|
29/09/1967 |
Paso a nivel do Salgueiral |
Atropelo. |
Un morto.[56]
|
13/12/1967 |
Estación de Ourense |
Atropelo. |
Unha muller sofre a amputación dunha perna.[57]
|
25/01/1968 |
Estación de Rubián |
Descarrilou un tren con cemento. |
Unha persoa morta e outra ferida.[58].
|
27/08/1968 |
Proximidades de Foz |
Un home suicídase arroxándose ao tren. |
Un morto.[59]
|
18/01/1969 |
Alba (Pontevedra) |
Descarrilou o rápido Vigo-A Coruña ao abrandar as terras por mor das choivas. A locomotora e varios vagóns precipitáronse por un terraplén. |
Dúas persoas mortas, 37 feridas e dúas desaparecidas (o maquinista e un axudante)[60].
|
15/02/1969 |
Estación de Baños de Molgas |
Un traballador esvara ao subir ao tren en marcha. |
Un morto.[61]
|
24/09/1969 |
Begonte |
Atropelo. |
Un morto.[62]
|
17/07/1970 |
Laza |
Descarrila un vagón do expreso Madrid-A Coruña. |
Sen danos persoais.[63]
|
12/04/1971 |
Laza |
Descarrilan dous vagóns do Ter. |
Sen danos persoais.[64]
|
01/12/1971 |
Paso a nivel de Pumares-Sobradelo |
Choque dun tren cun automóbil nun paso a nivel. |
Tres mortos.[65]
|
14/07/1973 |
Covas (Viveiro) |
Descarrilou un vagón de pasaxeiros do FEVE na liña Ferrol-Xixón. |
Catro persoas mortas e dúas feridas. O maior accidente en liña de vía estreita en Galicia.
|
02/11/1973 |
Entre O Porriño e Redondela |
Descarrila un tren de mercadorías. |
[66]
|
10/05/1974 |
Proximidades da estación da Pobra do Brollón |
Descarrila un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[67]
|
30/08/1974 |
Estación da Ponte Taboada |
Descarrila un tren de mercadorías na Ponte Taboada. |
Catro vagóns caen sobre o río Deza en Prado (Lalín)[68][69]
|
15/04/1975 |
Taboadela |
Chocaron unha locomotora e dous tractores de manobras que circulaban en dobre composición. |
Dúas persoas mortas e seis feridas.
|
12/08/1975 |
Entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa |
Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. |
Seis persoas mortas e máis de corenta feridas.[70].
|
04/11/1975 |
Provincia de Lugo |
Un tren choca cun autobús nun paso a nivel. |
Doce feridos.[71]
|
08/11/1975 |
Entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio |
O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. |
Cinco persoas mortas e 9 feridas.[72].
|
09/12/1975 |
Sobradelo, Carballeda de Valdeorras |
Rotura dunha vía. |
Sen danos persoais.[73]
|
23/12/1975 |
|
Descarrilan tres vagóns do expreso Rías Altas. |
Sen danos persoais.[74]
|
05/03/1976 |
Entre as estacións de Oural e Rubián |
Atropelo. |
Un morto.[75]
|
25/03/1976 |
Sobradelo, Carballeda de Valdeorras |
Un neno cae dun tren. |
Un ferido leve.[76]
|
11/05/1976 |
Casabranca, Oza, A Coruña |
Descarrila un vagón do expreso A Coruña-Madrid. |
Dúas persoas feridas.[77]
|
09/09/1976 |
Rande (Redondela)[78]. |
O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. |
O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, mais outras fontes sinalaron vinte mortos.[79].
|
10/02/1977 |
Estación de Bóveda |
Un expreso entra nunha vía morta e choca co edificio da estación. |
Nove feridos.[80]
|
05/04/1981 |
Estación de Oza dos Ríos |
O expreso A Coruña-Irún e o semidirecto Monforte-A Coruña chocaron frontalmente por un erro na posición dos cambios de agullas. |
38 persoas feridas.
|
09/04/1981 |
A Pousa (Crecente) |
Descarrilou o expreso Barcelona-Vigo. |
24 persoas feridas.
|
06/10/1985 |
Parga (Guitiriz) |
Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. |
Dúas persoas falecidas, Jesús Ferros Castro e Delia Iglesias Piñeiro[81]
|
01/10/1986 |
O Carril (Vilagarcía de Arousa) |
Atropelamento |
Emilio José Tobío García, de once anos falecido cando cruzaba a vía cunha bicicleta.[82]
|
16/04/1987 |
Provincia de Ourense |
Chocan un tren correo e o vagón de cola do “Rías Altas”. |
Seis feridos.[83]
|
14/10/1987 |
Santiago de Compostela |
Descarrila un tren Talgo por mor dun derrubamento. |
Doce feridos.[84]
|
05/05/1988 |
Santiago de Compostela |
Atropelamento. |
Un home falecido, Óscar Ortega Vasalo.[85][86]
|
30/10/1993 |
Preto dos Peares. |
Atropelo no interior dun túnel. |
Tres adolescentes mortos[87]
|
26/12/1995 |
Estación de Guitiriz |
Un tren de mercadorías choca co expreso A Coruña-Barcelona. |
Sen danos persoais[88]
|
27/08/2000 |
Preto da estación de Barra de Miño (Coles) |
Un turismo foi atropelado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. |
Catro persoas mortas e unha ferida de gravidade.[89].
|
8/10/2000 |
Boebre (Pontedeume) |
Descarrila un tren de época que conmemoraba o 125 aniversario da liña Lugo-A Coruña. |
Sen danos persoais.[90]
|
18/11/2000 |
Vigo |
Un rexional TRD da liña Coruña-Vigo choca co tope da estación |
23 persoas feridas[91]
|
21/10/2001 |
Portela (Barro) |
Descarrilamento do tren Costa de Galicia por un desprendemento de terra debido ás choivas. |
Sen danos persoais[92]
|
10/09/2002 |
Figueirido (Vilaboa) |
O tren rexional A Coruña-Vigo bateu contra un tractor que caera á vía desde unha estrada paralela. |
Un ferido leve.[93]
|
07/12/2004 |
Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) |
Atropelo. |
Un home de 62 anos falecido. Posible suicidio.[94]
|
19/12/2004 |
Figueirido (Vilaboa) |
Atropelo do TRD A Coruña-Vigo. |
Un mozo de 22 anos falecido. Posible suicidio.[94]
|
13/04/2005 |
Salcedo (Pontevedra) |
Unha pa escavadora golpeou un tren rexional R-598 da liña Vigo-A Coruña |
Seis persoas feridas.[95]
|
25/04/2007 |
Valga |
Nun paso a nivel un tren rexional atropelou un turismo. |
Tres persoas mortas, os ocupantes do coche.[96].
|
30/10/2007 |
Paredes (Vilaboa) |
O tren rexional Vigo-A Coruña atropelou un home de 78 anos. |
Un ferido de gravidade.[97].
|
03/01/2008 |
A carón da estación de Pontecesures |
Descarrilamento do R-598 A Coruña-Vigo |
Sen danos persoais.[98]
|
17/03/2009 |
Salcedo (Pontevedra) |
Atropelo |
Unha persoa ferida.[99]
|
16/01/2010 |
Ourense |
Atropelo dunha rapaza |
Unha rapaza ferida[100]
|
19/07/2011 |
Cerponzóns (Pontevedra) |
Choque nun paso a nivel do rexional Vigo-A Coruña cun camión nas obras do eixe atlántico de alta velocidade. |
Tres persoas feridas.[101].
|
15/04/2012 |
O Porriño |
O tren Vigo-Madrid atropelou un home nun paso a nivel |
Unha persoa morta.[102]
|
12/05/2012 |
Catoira |
O tren rexional A Coruña-Vigo atropelou unha persoa. |
Un home morto.[103]
|
24/07/2013 |
Curva da Grandeira, en Angrois (Santiago de Compostela) |
O Alvia 730 da liña Madrid-Santiago de Compostela descarrilou por exceso de velocidade. |
80 persoas mortas e 144 feridas. Véxase accidente de Angrois.
|
07/03/2014 |
Pontecesures |
Atropelo dunha vaca |
Unha vaca morta.[104]
|
15/04/2014 |
Ponte Sampaio (Pontevedra) |
Descarrilou un tren de mercadorías. |
Sen danos persoais.[105].
|
21/05/2014 |
Ponte sobre o río Lérez, en Lérez (Pontevedra) |
Atropelo |
Unha persoa morta. Posible suicidio.[106]
|
04/09/2014 |
Bamio (Vilagarcía de Arousa) |
Atropelo |
Unha muller morta.[107]
|
9/02/2015 |
Estación da Susana, Santiago de Compostela |
Un tren de mercadorías que estaba a facer manobras de enganche de vagóns chocou contra un tope de final de vía |
Tres vagóns descarrilados. Sen danos persoais.[108]
|
26/03/2015 |
Mos, preto da Estación do Porriño |
O tren da liña entre Valença do Minho e Vigo atropelou unha muller |
Unha muller falecida.[109]
|
19/06/2015 |
Louredo (Mos) |
Un tren de mercadorías bateu contra un coche que caera á vía desde a estrada N-550 |
Sen danos persoais.[110]
|
30/08/2016 |
Bamio (Vilagarcía de Arousa) |
Un tren atropelou un rapaz de 20 anos |
Un home falecido.[111]
|
09/09/2016 |
O Porriño |
Descarrilou un tren da liña Vigo-Porto, chocando contra un poste eléctrico |
Catro persoas mortas e máis de corenta feridas.[112][113] Véxase accidente ferroviario do Porriño.
|
17/11/2016 |
Pontevedra |
Un tren atropelou unha persoa |
Unha persoa morta.[114]
|
11/07/2017 |
Figueirido, Vilaboa |
Un tren atropelou unha persoa na entrada ao túnel de Canaval desde Arcade |
Unha muller morta[115]
|
01/12/2017 |
A Coruña |
O tren da liña A Coruña-Monforte de Lemos atropelou unha persoa |
Unha muller morta[116]
|
25/04/2018 |
A Coruña |
Atropelo dunha persoa no túnel do Casabranca |
Unha muller morta[117]
|
27/06/2018 |
Vilaronte, Foz |
Atropelo dunha persoa |
Unha muller morta[118]
|
10/11/2018 |
Portela (Barro) |
Choque contra unha árbore caída |
Sen danos persoais[119]
|
28/07/2020 |
Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) |
Descarrilamento dun tren de mercadorías na liña entre Monforte de Lemos e Ponferrada |
Sen danos persoais[120]
|
03/12/2020 |
Reariz (Alba, Pontevedra) |
Descarrilamento[121] |
Sen danos persoais
|
07/11/2021 |
Neda |
Atropelo |
Un home falecido[122]
|
12/07/2023 |
Recimil (Lugo). Liña Palencia - A Coruña, km 423 |
Colisión en paso a nivel |
Dou homes falecidos (J.C.R., de 21 anos e M.F.R., de 19) e outro ferido (J.F.G., de 22 anos), todos eles traballadores da infraestrutura ferroviaria[123]
|
23/08/2023 |
Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) |
Descarrilamento dun tren de mercadorías[124] |
Sen danos persoais
|
09/10/2023 |
Filgueira (Crecente) |
Atropelo |
Un home morto[125]
|
11/10/2023 |
As Casas Baratas (O Barco de Valdeorras)[126] |
Atropelo |
Un home falecido: M.M.L., de 47 anos[127]
|
2/01/2024 |
O Vicedo[128] |
Caída dunha árbore |
Sen danos persoais
|