A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.
En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.
Sábese que no século XIX o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[3]
Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como as capelas de San Alberte e de Bascuas (esta última adicada a museo).[5]
Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova.
Unha ruta homologada de sendeirismo, PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, vai da Ponte de Santo Alberte ata o Balneario de Pardiñas. Achegándose ata a Fonte de Valdobín e o Balneario de Guitiriz.
Guitiriz na cultura popular
San Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans supostamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente [6].
Poboación
Censo total 2014
5.564 habitantes
Menores de 15 anos
495 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos
3.344 (60.1 %)
Maiores de 65 anos
1.725 (31 %)
Evolución da poboación dende 1857.
Evolución da poboación de Guitiriz Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
10.028
10.275
11.476
7.633
6.086
5.896
5.727
5.658
5.603
5.564
5.520
5.495
5.512
5.505
5.484
5.490
5.455
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)