O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.
Orografía e hidrografía
O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceda, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.
O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.
Demografía
Censo total 2014
3.695 habitantes
Menores de 15 anos
250 (6.77 %)
Entre 15 e 64 anos
2.164 (59.37 %)
Maiores de 65 anos
1.281 (34.67 %)
Evolución da poboación de O Corgo Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
6.813
7.775
8.544
5.057
4.264
3.938
3.882
3.828
3.761
3.695
3.646
3.581
3.523
3.487
3.481
3.422
3.440
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)