Estación de Filgueira

Filgueira
SituaciónCrecente
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Filgueira é unha estación de tren de Adif, situada en Filgueira, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 84,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 72 metros de altitude, entre as estacións de Ribadavia e A Frieira.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés  León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Medina del Campo a Zamora e Ourense a Vigo – MZOV Arquivado 04 de decembro de 2012 en Archive.is Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas