A estación atópase no punto quilométrico 36,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións dos Peares e Ourense-Empalme.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
Está situada a beiras do río Miño. O seu edificio para viaxeiros conserva o seu deseño orixinal. É de base rectangular, dúas alturas e está recuberta por un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.