A estación atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 93 metros de altitude, entre as estacións de Ourense-Empalme e Ribadavia.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
Está situada a beiras do río Miño como gran parte das estacións deste tramo. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e planta baixa. Dispón de dúas plataformas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma central é tan estreita que realmente non ten uso por parte dos viaxeiros.