Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada no norte da cidade na liña Santiago de Compostela-Redondela.
Inaugurado en 2001, está operado por Media distancia Renfe. Dá servizo ao campus universitario da Xunqueira de Pontevedra.
Localización ferroviaria
A 17 metros de altitude, o apeadoiro ferroviario Pontevedra-Universidade atópase no punto quilométrico (PK) 19,9 da liña de ancho ibérico Redondela-Santiago de Compostela, entre as estacións de Pontevedra e Portela.[1]
Historia
En novembro de 1998 empezáronse a barallar datas concretas para a construción dun apeadoiro ferroviario preto do campus de Pontevedra. As obras do apeadoiro ferroviario ao campus adxudicáronse en xullo de 1999.[2]
O apeadoiro Pontevedra-Universidade foi finalmente posto en servizo por Renfe en outubro de 2001 para dar servizo ao campus de Pontevedra.[3]
Desde o 31 de decembro de 2004, ADIF é o operador do apeadoiro ferroviario. En xuño de 2021, ADIF decidiu mellorar as ramplas de acceso ao apeadoiro e a iluminación.[4]
Servizos para os pasaxeiros
Descrición
A estación dispón de dúas plataformas con videovixilancia, marquesiñas e paneis electrónicos de información sobre a chegada e saída dos trens, un sistema de aviso de emerxencias e un reloxo.
Servizos
Por Pontevedra-Universidade circulan trens de Media Distancia de Renfe, principalmente con orixe ou destino nas estacións da Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo-Guixar.
Liña
|
Percorrido
|
Continua ata
|
|
A CORUÑA-SAN CRISTOVO · Uxes · Meirama · A Vila da Igrexa · Cerceda · Ordes-Pontraga · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · A Escravitude · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Chapela · VIGO
|
-
|
Intermodalidade
Hai autobuses entre o apeadoiro e o campus universitario.[5]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Edificios civís | |
---|
Edificios relixiosos | |
---|
Monumentos e esculturas | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Pontes | |
---|
Restos arqueolóxicos | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Educación e Cultura | |
---|
Parques e espazos naturais | |
---|
Instalacións deportivas | |
---|
Exposicións e espectáculos | |
---|
Hospitais | |
---|
Transportes | |
---|
Barrios | |
---|
Medios de comunicación | |
---|
Eventos | |
---|
Asociacións culturais | |
---|
|