A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.
O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.
Historia
Primeira etapa oficial
Campionato Interrexional 1922/23
A confección da primeira selección galega prodúcese para a disputa do Campionato Interrexional da tempada 1922/23, un campionato de carácter obrigatorio no que participan as seleccións das federacións afiliadas á Real Federación Española de Fútbol, as cales podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados independentemente do lugar onde nacera, e co que se pretendía confeccionar un combinado estatal en condicións que representase a España nos Xogos Olímpicos de 1924.[4][5]
O primeiro partido fronte a un rival internacional tivo lugar o 7 de xaneiro de 1923. Galicia enfrontouse a unha selección lisboeta, da que formaban parte moitos xogadores da selección portuguesa, vencendo por 3-1. Por Galicia xogaron: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. A selección gañou 3-1, con dous goles de Polo e un de Reigosa.[10][11][12]
O 14 de xaneiro de 1923 a selección galega enfrontouse en Sevilla ao equipo de Andalucía no encontro de semifinais do Campionato Interrexional. O once galego compoñíano os mesmos xogadores que gañaran á selección lisboeta a semana anterior: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Aos tres minutos, Ramón conseguiu o primeiro gol dos galegos. Empatou Andalucía de penalti pouco antes do descanso. Polo logrou o desempate e Ramón e, por cabo, Chiarroni ampliaron a vantaxe galega.[13][14][15]
Unha semana despois, o 21 de xaneiro, a selección galega contendeu en Coia contra unha selección da escuadra inglesa. No equipo de Galicia xogaban Isidro, Otero, Juanito Clemente, Queralt, Torres, Balbino, Salvador, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Pinilla abriu o taboleiro, Ramón marcou o segundo tanto e Pinilla repetiu fortuna co terceiro gol[Cómpre referencia]. Os ingleses conseguiron minguar a vantaxe antes do descanso. Os xogadores foron ao vestiario cun 4-2 favorábel aos galegos. Na segunda parte a selección galega lograría catro tantos máis. O taboleiro rexistrou finalmente un 8-2 a favor da selección de Galicia.[16][17]
O 28 de xaneiro a selección de Pontevedra enfrontouse á selección galega en Bouzas. Adiantouse o equipo de Galicia cun gol de Luís Correa. E no segundo tempo anotaron gol Polo, Chiarroni e outra vez Correa. A selección da ‘boa vila’ logrou o tanto de honra por medio de Besada e o partido rematou cun 4-1 no taboleiro.[18][19] Ao domingo seguinte disputouse en Pontevedra o partido de volta. Gañou a selección galega 1-3. O partido foi xogado en Pasarón. Pasarín, de penalti, e Chiarroni, en dúas ocasións, foron os goleadores do combinado galego. O gol da selección lerense foi anotado por Castillo.[20][21][22]
A selección aínda xogou un partido de adestramento máis antes da final do Campionato Interrexional. Foi o 18 de febreiro no campo de Coia fronte dun combinado ferrolán-coruñés. Venceu a selección galega 7-1.[23][24] Tres goles foron obra de Ramón González, dous de Polo e outros dous de Chiarroni.[25]
Por cabo, o 25 de febreiro de 1923 o equipo de Galicia xogou contra a selección asturiana a final do Campionato Interrexional. No once galego estaban Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Hermida, Reigosa, Balbino, Chiarroni, Polo e Pinilla. Ramón González non puido xogar a final por lesión. Polo rompeu o marcador cun tanto, pero os asturianos protagonizaron unha remontada que pechou o marcador cun 1-3 e a primeira derrota da selección de Galicia, que rematou subcampioa do torneo.[26][27][28][29][30] A causa do resultado os seleccionadores presentaron a súa dimisión,[31] mais a Federación Galega de Fútbol pediulles que a retirasen.[32] Despois da derrota, houbo críticas ao feito de que a selección galega fose confeccionada soamente con xogadores do Fortuna de Vigo e do Vigo Sporting e non se contase cos xogadores dos outros equipos galegos.[29][30][33][34] Porén, a boa imaxe amosada no torneo serviu de pulo para que ese mesmo ano os dous clubs vigueses decidisen fundirse nun só e crear o Real Club Celta de Vigo.[35][36]
En maio dese mesmo ano, a selección galega enfrontouse outra vez coa selección de Lisboa, desta volta na capital lusa o 27 de maio. Na selección de Galicia xogaban Isidro, Juanito, Pasarín, Viñas, Balbino, Machín, Reigosa, Ramón, Manolo Posada, Polo e Pinilla. Marcou de penalti Pinilla, pero os lisboetas déronlle a volta ao marcador cos goles de João Francisco e de Jaime Gonçalves.[37][38]
Campionato Interrexional 1923/24
En novembro de 1923 comezou o campionato Campionato Interrexional da tempada 1923/24, enfrontándose o día 25 dese mesmo mes a selección de Galicia contra a selección do Centro no campo de Ciudad Lineal, en Madrid, no partido de cuartos de final. Gañou a selección do Centro por 1-0. O equipo galego estivo formado por: Isidro, Clemente, Hermida, Queralt, Balbino, Viñas, Reigosa, Gerardo, Chicha, Polo e Pinilla.[39][40][41]
Os seguintes partidos xorden de iniciativas particulares e non da propia federación. En 1929, co gallo da Coroación da Virxe das Dores na Coruña,[43] o comité promotor dos festexos concertou un partido benéfico entre as seleccións de Galicia e do Centro en Riazor.[44] O equipo galego aliñou con Isidro, Manolín, Pasarín, Hermida, Rivera, Basterrechea, Reigosa, Hilario, Rogelio, Polo e Pérez. Os futbolistas Hilario, Pérez, Manolín e Basterrechea aínda que xogaban en clubs galegos non naceran en Galicia, pero iso non foi impedimento para que participasen igualmente no conxunto galaico. A selección do Centro tamén aliñou xogadores non nados no seu ámbito territorial pero que militaban nos clubs desa federación, coma Prats, Esparza, Peña, Rubio, Marín, Vázquez ou o galego Cosme. O partido rematou cun empate 0-0.[44][45][46]
O 8 de xuño de 1930 celebrouse un partido no campo de Chamartín entre a selección de Galicia e a selección do Centro. O partido convocouse para recadar fondos para as familias damnificadas polo naufraxio de catro pesqueiros de Bouzas.[47][48][49][50] A iniciativa partiu de Ramón Fernández Mato.[51][52] Ademais, o Concello de Vigo custeou unha artística copa de prata chamada Copa Vigo, deseñada por Federico Ribas, que sería outorgada á selección gañadora.[48][49][53] A aliñación galega foi Isidro, Jiménez, Pasarín, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Chacho, Hilario e Polo. Formaron coa selección galega Jiménez e Hilario aínda que non eran nados en Galicia, e coa selección Centro xogadores como Ordóñez, San Miguel, Triana, Morera e Cosme aínda que non naceran nas provincias castelás que abranguía a súa federación. Comezou o partido marcando dous goles Losada e un gol Fariña, acabando o primeiro período con tres goles de vantaxe a favor dos galaicos. No descanso Lilo subtituíu a Isidro na portaría. Na reanudación, os do Centro conseguen marcar por medio de Ordóñez e cando xa se achegaba o final do partido Hilario anota o cuarto gol galego, finalizando así o encontro cun 1-4 a favor da selección galega.[54][55][56] Unha semana antes, Galicia derrotara o Sporting Clube de Portugal en Balaídos por 4-2. No equipo galego xogaran Isidro, Cabezo (que foi substituído aos cinco minutos por Jiménez), Hermida, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Polo, Hilario e Rubio. Tres goles foron marcados por Losada e o outro por Polo. Os goles lisboetas foron de Correia e Rogério.[57]
Durante estes anos, houbo tamén outros partidos de homenaxe onde tomaron parte combinados de xogadores galegos, coma o disputado o 11 de agosto de 1929 en Riazor para homenaxear a Luis Otero, onde xogou o Deportivo da Coruña con Samitier (do F.C. Barcelona) e Cosme (do Real Madrid) fronte a unha selección galega formada por xogadores do Celta de Vigo, Racing de Ferrol e o defensa Calvo do Racing Club de Madrid, empatando 0-0,[58][59] ou o disputado o 7 de setembro de 1930 en homenaxe a Ramón Polo, onde un combinado galego derrotou en Balaídos o Athletic Club (campión de Liga e Copa ese ano) por 5-4.[60][61] Outros partidos con combinados galegos foron un partido en homenaxe a Isidro no que xogaron o Deportivo da Coruña e unha selección galega en Riazor o 23 de agosto de 1931 no que gañou o club herculino 3-1,[62][63] un encontro en homenaxe a Manuel Rivera xogado no Inferniño o 22 de agosto de 1932 entre o Racing de Ferrol e unha selección galega con vitoria para o equipo departamental 3-2[64] ou un partido entre a selección de Lisboa e un combinado de futbolistas do Celta e o Deportivo que se xogou na capital lusitana o 29 de xuño de 1930 con vitoria para os lisboetas por 4-2.[65][66]
En 1936, o Comité Rexional Pro-Olimpíada Popular seleccionou un combinado galego para participar na Olimpíada Popular de Barcelona,[67] resposta internacional aos Xogos de Berlín. O 12 de xullo, seis días antes do golpe de Estado, xogou o combinado galego un encontro de adestramento en Balaídos.[68] Segundo afirman certas fontes,[69] moitos destes xogadores galegos ficarían na Cidade Condal, a maioría loitaría no bando republicano, e segundo algúns testemuños habería xogadores galegos deste equipo que disputarían encontros xunto a outros soldados durante a guerra civil española e a segunda guerra mundial.
O franquismo
En maio de 1939, ao remate da guerra civil, anunciouse un partido en Balaídos entre o Futebol Clube do Porto e “a selección galega”,[70][71] que rematou 5-1 a favor dos portuenses.[72] A pesar de se anunciar con ese título, non foi un partido oficial da selección, xa que non foi organizado pola Federación Galega de Fútbol, razón pola cal o Racing de Ferrol se negou a ceder os seus xogadores.[73] Despois deste encontro tamén se publicou na prensa que se estaban a facer xestións para que unha selección galega, que desta volta si sería confeccionada pola FGF, xogase no Porto contra o club dos dragões,[74][75] pero isto non se chegou a producir.
Durante este período foron disputados algúns partidos onde participaron combinados de xogadores galegos, coma o xogado en 1943 entre o Deportivo da Coruña e un equipo de galegos con Ricardo Zamora na meta.[76][77][78] En 1961 unha selección galega enfrontouse en Pasarón a outra do norte de Portugal, formando parte do equipo galego xogadores como Domínguez, Lamelo, Matito ou Jaime Blanco. O resultado foi de empate 1-1, sendo Villita o autor do gol galego.[79]
Nesta época apareceu a selección galega xuvenil, que comezou a participar no campionato estatal organizado pola Real Federación Española de Fútbol e acadou o subcampionato en 1966.[80] Durante esta etapa tamén aparece a selección galega de afeccionados, xunto a outras seleccións territoriais de afeccionados de España, co propósito de promover o fútbol non profesional e con vistas á creación dunha selección española que tomaría parte na Copa da UEFA Amateur.[81]
Intentos de recuperación
O primeiro partido da selección absoluta galega despois da ditadura estivo a piques de celebrarse o 24 de xullo de 1980 en Compostela, pero colleu os xogadores de vacacións. O partido ía ser contra Euskadi.
En 1982, antes do Mundial de España, houbo unha tentativa para organizar un partido contra Camerún.
Os seleccionadores do primeiro combinado nacional foron Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias. O once inicial estivo composto por: Diego López, na portería; Otero e Cabrejo, nos laterais; Rubén e Capi, centrais; Cabanas e Borja, pivotes; Julio Álvarez, Pablo Álvarez e Nano, centrocampistas, e Losada como home máis adiantado.
O técnico galego Fernando Vázquez, antes de comezar o partido, quitoulle importancia ao posible resultado, defendendo que o combinado galego se converteu nun "símbolo de identidade", algo que na súa opinión, lle facía falta a Galicia.
O estadio de Riazor acolleu o 28 de decembro de 2006 o segundo partido da época contemporánea da selección de Galicia. Enfronte estivo a selección de Ecuador, e o resultado final foi de empate a un (1-1),[85][86] con goles do ecuatoriano Calle e de Jonathan Pereira para os galegos. O once inicial foi o formado por López, Barragán, Rubén, Noguerol, Fuentes, Viqueira, Borja, Julio Álvarez, Nano, Trashorras e Couñago.
O 27 de decembro de 2007, no estadio vigués de Balaídos, a selección galega enfrontouse a Camerún, no que era o terceiro partido da época contemporánea. O partido comezou cunha hora e corenta e cinco minutos de atraso, debido a liortas internas na selección do Camerún,[87] e rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Julio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87.[88] Pese ao atraso da selección do Camerún, os seareiros rozaron o cheo no estadio, chegando aos 28.000 afeccionados.
De novo o 27 de decembro, en 2008, no estadio de Riazor, a selección galega enfrontouse á de Irán con resultado favorable á Irmandiña por 3 a 2[89]. O primeiro gol anotouno o galego Nacho Novo no minuto 22. A selección iraniana empatou no minuto 31 do primeiro tempo por mediación de Borhani. Xa na segunda parte Nacho Novo por segunda vez puxo por diante a Galicia, no minuto 58 de partido. Pouco despois, no 65 e de penalti, Roberto Losada ampliaba o marcador batendo o porteiro e poñendo o 3-1 no marcador. O iraniano Khalatbari recortou o marcador poñendo o definitivo 3 a 2.[90]
O partido contra a selección de Irán converteuse no último encontro oficial disputado pola Selección Galega, ao suspenderse a axuda por parte da Xunta de Galicia unha vez o Partido Popular gañou as eleccións de 2009 e colocou a José Ramón Lete como Director Xeral para o Deporte, quen rematou abruptamente coas experiencias da selección galega[91] e ao tempo co equipo ciclista Xacobeo Galicia.
Dende ese momento a asociación de afeccionados Siareir@s Galeg@s comezou a organizar encontros anuais entre unha selección galega mixta (formada por futbolistas pertencentes aos clubs da Segunda División B, da Terceira División e das ligas femininas) e outras seleccións do exterior, co obxecto de reivindicar a recuperación oficial da selección e a total liberdade para defender as cores de Galicia en competicións internacionais. Os partidos leváronse a cabo sen axuda federativa nin institucional, e segundo os organizadores, enfrontáronse a moitas trabas xa que os equipos de Primeira e Segunda División non cederon os seus xogadores e mesmo os árbitros tiveron moitos problemas para poder dirixir os encontros.[92] Organizaron cinco partidos entre 2009 e 2013, deixando de organizalo en 2014.[93]
En abril de 2016, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, anunciou oficialmente a celebración dun encontro da selección galega absoluta fronte á selección de Venezuela o día 20 de maio no estadio de Riazor.[97][98] Foron designados seleccionadores Míchel Salgado e Fran.[99] O partido foi disputado na data prevista, rematando cun empate 1-1. O gol galego foi anotado por Iago Aspas no minuto 36. O equipo venezolano conseguiu empatar grazas a un gol de Josef Martínez no minuto 92, co partido a piques de finalizar.[100][101]
Logo doutros oito anos sen actividade, o 31 de maio de 2024 o combinado galego xogou un amigable contra a selección de fútbol de Panamá.[102] O seleccionador foi Diego Martínez Penas. Xusto antes de comezar o encontro, a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) anunciou que Iago Aspas non ía xogar por mor dunhas molestias durante o quecemento.[103] O partido rematou cunha derrota para a selección galega. Panamá marcou dous goles, o primeiro de penalti no minuto 25, obra do seu capitán, Eric Davis, e o segundo no minuto 40 por Roderick Miller.[103]
O primeiro uniforme da selección empregado en 1922 e 1923 consistía nunha camisola branca coa cruz de Santiago no peito e pantalón azul.[104] A selección que xogou en 1930 contra a do Centro e o Sporting C.P. utilizou unha camisola branca cun escudo co dragón verde sobre fondo dourado atribuído aos reis suevos.[105][106] A recuperación da selección absoluta en 2005 trouxo un deseño completamente novo cunha camisola branca con franxas azuis inclinadas 45º graos inspiradas na da bandeira de Galicia.[107][108] En 2016 volveu a camisola branca como primeiro equipamento.[109] A selección galega de afeccionados e outras categorías inferiores teñen empregado outro uniforme composto de camisola branca coa franxa diagonal da bandeira galega, pantalón azul e medias brancas.[110]
Estriol sulfate Names IUPAC name 16α,17β-Dihydroxyestra-1,3,5(10)-trien-3-yl hydrogen sulfate Systematic IUPAC name (1R,2R,3aS,3bR,9bS,11aS)-1,2-Dihydroxy-11a-methyl-2,3,3a,3b,4,5,9b,10,11,11a-decahydro-1H-cyclopenta[a]phenanthren-7-yl hydrogen sulfate Other names Estriol 3-sulfate; Estra-1,3,5(10)-triene-3,16α,17β-triol 3-sulfate Identifiers CAS Number 481-95-8 Y 3D model (JSmol) Interactive image ChEMBL ChEMBL2074797 ChemSpider 59789 PubChem CID 66415 UNII LZ7JHK6R2A Y CompTo...
HaizAlbum mini karya Hailee SteinfeldDirilis13 November 2015 (2015-11-13)Direkam2015–2016GenreDance-popDurasi14:22LabelRepublicProduserMattman & RobinOscar HolterGreyZeddKronologi Hailee Steinfeld Haiz(2015) Half Written Story(2020) Singel dalam album Haiz Love MyselfDirilis: 7 Agustus 2015 Haiz (bergaya HΔIZ dan HAIZ) adalah album mini (EP) debut oleh aktris dan penyanyi asal Amerika Serikat Hailee Steinfeld. Album ini dirilis pada 13 November 2015 oleh Republic Records.[...
Aldo Serena Informasi pribadiTanggal lahir 25 Juni 1960 (umur 63)Tempat lahir Montebelluna, ItaliaTinggi 183 m (600 ft 5 in)Posisi bermain StrikerInformasi klubKlub saat ini RetiredKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1977–1978 Montebelluna 29 (9)1978–1981 Internazionale 2 (1)1979–1980 → Como (loan) 18 (2)1980–1981 → Bari (loan) 35 (10)1981–1983 Internazionale 21 (2)1982–1983 → A.C. Milan (loan) 20 (8)1983–1985 Internazionale 28 (8)1984–1985 → Torin...
Scottish-born Russian admiral (1735–1788) For members of the noble family, see Greig (Russian nobility). Not to be confused with Samuel Greg. Samuel GreigPortrait by Ivan Argunov (1773)Birth nameSamuel GreigBorn30 November 1735Inverkeithing, ScotlandDied26 October 1788Reval, Russian EmpireBuriedSt. Mary's Cathedral, TallinnAllegianceKingdom of Great BritainEmpire of RussiaService/branchRoyal NavyImperial Russian NavyYears of service1758–1764 (Britain)1764–1788 (Russia)RankLieutenan...
Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Liga 1 (disambigua). Liga 1Sport Calcio TipoSquadre di club FederazioneFPF Paese Perù OrganizzatoreFederazione calcistica del Perù TitoloCampeón Nacional (campione nazionale) CadenzaAnnuale Aperturafebbraio Chiusuradicembre Partecipanti19 squadre FormulaGirone all'italiana Retrocessione inSegunda División Sito InternetFPF.com.pe StoriaFondazione1912 Detentore Universitario Record vittorie Universitario (27) Edizi...
Artikel ini membutuhkan penyuntingan lebih lanjut mengenai tata bahasa, gaya penulisan, hubungan antarparagraf, nada penulisan, atau ejaan. Anda dapat membantu untuk menyuntingnya.H.Andi Syafril Chaidir SyamS.I.P., M.H.ᨕᨉᨗ ᨔᨄᨛᨑᨗᨒᨗ ᨖᨕᨗᨉᨗᨑᨗ ᨔᨛᨐᨆ Bupati Maros ke-13PetahanaMulai menjabat 26 Februari 2021PresidenJoko WidodoGubernurNurdin AbdullahAndi Sudirman SulaimanBahtiar Baharuddin (Pj.)WakilHj. Suhartina Bohari, S.E.PendahuluAndi Davied Syamsu...
CIM-10 BomarcDescrizioneTiposuperficie-aria a lungo raggio Impiegoantiaereo Sistema di guidaradar finale In servizio1960 (A), 1961 (B) Ritiro dal servizio1972 Utilizzatore principaleUSA, Canada Peso e dimensioniPeso6800kg (A), 7250kg (B) Lunghezza13,8m (A), 13,3m (B) Larghezza5,54m Diametro89cm PrestazioniGittata370km (A) o 710km (B) Velocità massimaMach 4 Motoremotore a razzo Aerojet-General LR59-AJ-13 da 15876kgs EsplosivoHE o nucleare da 10kt (A), nucleare da 10kt...
English footballer (born 1986) Matty Fryatt Fryatt lining up for Leicester City in 2008Personal informationFull name Matthew Charles Fryatt[1]Date of birth (1986-03-05) 5 March 1986 (age 38)[1]Place of birth Nuneaton, Warwickshire, EnglandHeight 5 ft 10 in (1.78 m)[1]Position(s) StrikerYouth career000?–2003 WalsallSenior career*Years Team Apps (Gls)2003–2006 Walsall 70 (27)2003–2004 → Carlisle United (loan) 10 (1)2006–2011 Leicester City 1...
Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...
Weatherproof, sleeveless overcoat This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Inverness cape – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2016) (Learn how and when to remove this message) The formal form with lapels, 1901Formal coat without lapels, 1900Fashion plates of Inverness capes The Inv...
Castle in Fars Province, Iran Bazm castleقلعه بزمGeneral informationTypeCastleTown or cityBavanat CountyCountry IranBazm castle (Persian: قلعه بزم) is a historical castle located in Bavanat County in Fars Province; the longevity of this fortress dates back to the Late centuries of post-Islamic historical periods.[1][2] References ^ Encyclopaedia of the Iranian Architectural History. Cultural Heritage, Handicrafts and Tourism Organization of Iran. 15 February 2021...
Державний комітет телебачення і радіомовлення України (Держкомтелерадіо) Приміщення комітетуЗагальна інформаціяКраїна УкраїнаДата створення 2003Керівне відомство Кабінет Міністрів УкраїниРічний бюджет 1 964 898 500 ₴[1]Голова Олег НаливайкоПідвідомчі ор...
Shanshang redirects here. For Shanshang Subdialect (Chinese: 山上音; pinyin: Shānshàng Yīn), see Danzhou dialect. Shanshang redirects here. Not to be confused with Shanshan or Shangshan. 23°05′29″N 120°22′08″E / 23.09126°N 120.368759°E / 23.09126; 120.368759 DistrictShanshang 山上區YamakamiDistrictShanshang District in Tainan CityLocationTainan, TaiwanArea • Total28 km2 (11 sq mi)Population (May 2022) �...
SMP Negeri 27 SurabayaInformasiRentang kelasVII, VIII, IXKurikulumKurikulum Tingkat Satuan PendidikanAlamatLokasi, Surabaya, Jawa TimurMoto SMP Negeri (SMPN) 27 Surabaya, merupakan salah satu Sekolah Menengah Pertama Negeri yang ada di Kota surabaya, Provinsi Jawa Timur, Indonesia. Sekolah ini berlokasi di Jalan Wonosari besar, kecamatan Semampir, kota Surabaya. Sama dengan SMP pada umumnya di Indonesia masa pendidikan sekolah di SMPN 27 Surabaya ditempuh dalam waktu tiga tahun pelajaran, mul...
Chronologies Données clés -29 -28 -27 -26 -25-24 -23 -22 -21 -20Décennies :-50 -40 -30 -20 -10 -0 0Siècles :-IIIe -IIe -Ier Ier IIeMillénaires :-IIIe -IIe -Ier Ier IIe Calendriers Romain Chinois Grégorien Julien Hébraïque Hindou Hégirien Persan Républicain modifier Les années 20 av. J.-C. couvrent les années 29 av. J.-C. à 20 av. J.-C.. Événements Vestiges du Forum d'Arles. 31-27 av. J.-C. : fondation de la Colonia Octavi...
Национальное аэрокосмическое агентство Азербайджана Штаб-квартира Баку, ул. С. Ахундова, AZ 1115 Локация Азербайджан Тип организации Космическое агентство Руководители Директор: Натиг Джавадов Первый заместитель генерального директора Тофик Сулейманов Основание Осн�...