Formouse nas categorías inferiores do Areosa, ata completar a súa etapa xuvenil. Na tempada 2015/16 asinou polo Rápido de Bouzas en Terceira División, no que xogou 33 partidos ás ordes de Xurxo Otero. No verán de 2016 seguiu a Otero ata o Arousa, da mesma categoría, no que xogou en dúas tempadas case medio centenar de partidos, anotando 10 goles.
En xaneiro de 2020, chegou a un acordo para romper a cesión co conxunto murciano e chegou en calidade de cedido ao Celta de Vigo B do Grupo IV da Segunda División B,[3] onde xogou 6 partidos nos que anotou 2 goles. Na tempada 2020/21 continuou cedido no Celta B, onde disputou 24 partidos, sendo o máximo goleador do equipo con 8 goles.[4]
En xullo de 2021 regresou ao Elche CF, xa na Primeira División, co que realizou a pretempada ás ordes de Fran Escribá.[5] O 12 de agosto de 2021, asinou co Racing de Santander da Primeira División RFEF, novamente cedido polo conxunto ilicitano.[6] No equipo cántabro disputou 35 encontros de liga, cun balance de sete goles e tres asistencias, conseguiu o ascenso a Segunda e proclamouse campión absoluto da categoría tras vencer na final de campións ao Andorra.
O 29 de xuño de 2022 o Racing Club de Ferrol da Primeira División RFEF anunciou a fichaxe do xogador para a tempada 2022/23.[7] Titular indiscutible no equipo de Cristóbal Parralo, disputou un total de 41 encontros e foi o máximo artilleiro do club con 12 dianas, contribuíndo ao regreso do Racing á categoría de prata despois de 15 anos de ausencia. Foi o segundo ascenso consecutivo do xogador, que na seguinte campaña debutou finalmente en Segunda, na primeira xornada ante o Elche.[8] Con todo, apenas contou con protagonismo durante a competición, pois Parralo non o aliñou como titular en ningún encontro de liga, sumando só un gol de penalti na derradeira xornada fronte ao Leganés.[9]
O 24 de xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe pola Cultural Leonesa, da Primeira RFEF.[10]