Manuel Gestoso Costas

Modelo:BiografíaManuel Gestoso Costas
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarmador, futbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Rápido de Bouzas
  Celta de Vigo
1924–1930   Celta de Vigo
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  España
1923–   Galicia
Familia
IrmánsAntonio Gestoso Costas Editar o valor en Wikidata

Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo en 1902, e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1983, foi un futbolista e armador de pesca galego.

Xogaba na demarcación de dianteiro e era irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.

Traxectoria

Fichou polo recentemente creado Celta de Vigo, froito da fusión do Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, en 1924 procedente do Rápido de Bouzas.

Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigábel ante o Sporting de Gijón que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de Ramón Polo. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o Campionato de Galicia de fútbol. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).

O 30 de decembro de 1928 tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do Estadio Municipal de Balaídos ante o Real Unión de Irún, que rematou con vitoria celeste por 7-0.[1]

Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada 1929/30, primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na Segunda División, pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estes méritos están o subcampionato da Copa do Rei acadado no ano 1908 polo Vigo Foot-ball Club, antecesor do Real Vigo Sporting Club.

1930 rematou non só co non ascenso a Primeira División senón co descenso a Terceira.

Unha vez retirado do fútbol converteuse en armador de buques de pesca en Bouzas.

Vida persoal

Casou en 1909 en Bouzas con Noemí Álvarez, sendo o padriño da súa voda o xornalista e escritor Ramón Fernández Mato.[2]

Notas

  1. "Stadium de Balaídos. Partido de inauguración". El Compostelano (en castelán). 31 de decembro de 1928. p. 2. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  2. "Los que se casan". Vida Gallega (en castelán) (460). 10 de setembro de 1930. p. 48. Consultado o 22 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas