Alfonso Santos Rodríguez, coñecido como Mulero, nado na Coruña c. 1900 e finado o 10 de xullo de 1961, foi un futbolista galego, que xogaba como porteiro.
Traxectoria
Traballou coas mulas que arrastraban os tranvías da Coruña, motivo polo que recibiu o alcume de Mulero.[1] Comezou xogando ao fútbol como dianteiro no Célebre FC do Camiño Novo e logo pasou ao Fabril. Alí ocupou un día a portería, debido á ausencia do gardameta do equipo, e dende entón xogou xa sempre como gardameta.[2] En 1922 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou durante os seguintes anos no Campionato de Galicia, proclamándose campión na tempada 1926/27, aínda que nos últimos anos perdeu a titularidade en favor de Isidro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas