O Campionato de Galicia da Serie A 1926/27 foi a décimo terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1926 e rematou en agosto de 1927. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol e o Unión Sporting Club. O Pontevedra Athletic Club retirouse do campionato antes de que principiase a competición.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.[3]
Calendario
Primeira volta
Segunda volta
(1) A vitoria foi outorgada ó Eiriña por non se presenta-lo Unión Sporting á hora sinalada, por mor dun accidente de automóbil.[4] O partido xa fora suspendido o 21 de novembro de 1926,[5] tamén por un accidente automobilístico, sendo adiado para o 2 de xaneiro de 1927.[6]
Terceira volta
Cuarta volta
Clasificación
Goleadores
Notas