Antonio Gestoso Costas

Modelo:BiografíaAntonio Gestoso Costas
Biografía
Nacemento27 de abril de 1916 Editar o valor en Wikidata (108 anos)
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo
Familia
IrmánsManuel Gestoso Costas Editar o valor en Wikidata

Antonio Gestoso Costas, nado en Bouzas (Vigo) o 27 de abril de 1916, foi un futbolista galego máis coñecido como Chicha II, que xogaba na demarcación de centrocampista. Irmán do tamén futbolista Manuel Gestoso Costas "Chicha".

Traxectoria

A súa traxectoria no fútbol profesional transcorreu no Celta de Vigo, participando no debut deste na Primeira División Española na tempada 1939/40 baixo as ordes do técnico que lograra o ascenso en 1936, Ricardo Comesaña. Debutou na quinta xornada, o 12 de decembro de 1939, ante o Sevilla FC anotando dous goles na vitoria celeste. Remataría este primeiro ano como un dos máximos goleadores do equipo con 11 tantos, por detrás de Agustín (14 goles) e superando ao histórico goleador do Celta Nolete (9 goles).

Porén ao ano seguinte houbo varios cambios no equipo, por un lado o técnico galego que fora quen confiara nel foi substituído polo técnico vasco Baltasar Albéniz, e ao mesmo tempo chegaron dous históricos dianteiros do club, Roig e Del Pino, polo que se viu relegado á suplencia.

Deixou o club en 1942 despois de 18 encontros disputados e 12 goles anotados.

Unha vez retirado creou xunto ao seu irmán Manuel a empresa naval Talleres Gestoso S.L.

Véxase tamén

Ligazóns externas