Francisco Noguerol Freijedo, nado en San Cristovo de Cea o 9 de xullo de 1976, é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o Albacete Balompié.
Traxectoria
Formado na canteira do Celta pronto se ten que buscar a vida os modestos clubs galegos de Segunda B e na tempada 1997/98 vaise ao Pontevedra CF e ao ano seguinte ao Racing de Ferrol. O seu bo facer en Ferrol danlle unha segunda oportunidade en Vigo, pero o Celta de Vigo está nun momento cume e os internacionais Goran Đorović e Cáceres péchanlle o paso, co que se ten que buscar a vida na Segunda división. Márchase ao Elche CF na tempada 2001/02, logo á UD Salamanca, de novo un bienio no Elche e despois ao Albacete Balompié, sempre en segunda división e sendo titular indiscutible e capitán dos seus equipos. Na tempada 2008/09, ao finalizar o seu contrato co Albacete, decide asinar polo club no que se formou, o Celta de Vigo. O 20 de agosto de 2010 asina polo Girona FC.
Selección galega
Noguerol participou en 3 partidos da era moderna da selección galega.
Clubs
Como xogador
Como adestrador
Palmarés
Copas internacionais
Subcampión da Copa do Rei 2001 Celta de Vigo
Véxase tamén
Ligazóns externas