Dorival Guidoni Júnior, coñecido como Doriva, nado o 28 de maio de 1972 en Nhandeara (Brasil) é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
Comezou xogando ao fútbol no São Paulo Futebol Clube no ano 1991, equipo que alternou con cesións no Anapolina AA e no Goiânia EC. En 1995 foi traspasado ao XV Paracicaba, da terceira división brasileira, e co que acadou o ascenso sendo un dos xogadores máis destacados do equipo. Este bo papel fixo que fichara polo Clube Atlético Mineiro e de aí dese o salto a Europa, fichando polo FC Porto no verán de 1997 despois de gañar o Balón de prata brasileiro. Despois de dúas tempadas no Porto fichou pola UC Sampdoria da Serie A italiana.
No ano 2000 fichou polo Celta de Vigo, por aquel entón xa asentado nas competicións europeas e que aspiraba a un salto de calidade. Compartiría centro do campo con xogadores nun grande estado de forma como Giovanella, Vagner ou o peruano Jayo. As lesións fixeronlle perder a titularidade en favor deste último, que chegou ao equipo no mercado de inverno.
Nos tres anos que militou no Celta o equipo clasificouse para competición europea, para a Copa da UEFA nas dúas primeiras e para a Liga de Campións na última, porén o seu peso no equipo foi indo a menos coa chegada de xogadores como Peter Luccin ou José Ignacio. Precisamente no mercado de inverno deste último ano sería cedido ao Middlesbrough FC.
O equipo inglés faríase coa súa propiedade e alí militou tres tempadas máis conquistando a Copa da Liga no ano 2004. Ao remate do contrato co Boro fichou por outro equipo inglés, o Blackpool FC, onde so xogaría uns meses para volver posteriormente ao Brasil para xogar no América de Sao Paulo e retirarse no Mirassol FC no ano 2008.
Coa selección de fútbol
O 27 de abril de 1995, xogando no Clube Atlético Mineiro, foi convocado por primeira vez coa Selección de fútbol do Brasil e foi xa xogando no FC Porto cando debutou nunha Copa Mundial, en Francia 1998.
Palmarés
Clubs
- São Paulo
- XV de Piracicaba
- Atlético Mineiro
- Porto
- Celta de Vigo
- Middlesbrough
Adestrador
- Ituano
- Vasco da Gama