Tomás Alberto Hervás Girón, nado o 25 de novembro de 1970 en Ponferrada é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón, debutando co primeiro equipo na tempada 1991/92. Tralo descenso do Sporting no 1998 fichou polo Celta de Vigo, que aquela tempada xogaría a Copa da UEFA. Dende o principio contou coa confianza do adestrador, Víctor Fernández, xogando 35 encontros no seu primeiro ano en Vigo. Co tempo foi perdendo peso no equipo, deixando o equipo ao final da terceira tempada no Celta. Fichou entón polo Sevilla FC, onde militaría dúas tempadas antes de fichar polo UD Las Palmas de Segunda División.
Pese a facer un moi bo segundo ano na Palmas, disputou 33 encontros, o equipo descendeu a Segunda División B, categoría na que xogou un ano antes de volver a Asturias, está vez ao AD Universidad de Oviedo. Co equipo ovetense comezou na Terceira División e acadou o ascenso a Segunda B. Xogaría un ano máis antes de colgar as botas.
Unha vez retirado sacou o título de adestrador e entrou a formar parte do equipo técnico do Sporting de Gijón