Porén a súa progresión viuse truncada polas lesións, chegando a pasar tempadas en branco como a 2000/01. Nas sete tempadas que militou disputou dúas tempadas na Copa da UEFA e chegou a debutar na Liga de Campións, pero tamén sufriu o descenso a Segunda División e o posterior ascenso.
A finais da tempada 2004/05 non renova co Celta e ficha polo Real Zaragoza, dirixido polo seu ex-adestrador no Celta Victor Fernández, onde militaría tres anos nos que tamén chegou a xogar a UEFA e a descender a Segunda. No verán de 2008 deixou o club maño e fichou polo CA Osasuna, onde xogou catro tempadas en Primeira División.
Finalizado o seu contrato co Osasuna regresou ao Sporting de Gijón adestrado polo seu excompañeiro no Sporting e no Celta Manolo Sánchez Murias. Porén as lesións obrigarono a retirarse antes de rematar a tempada, o 21 de outubro de 2012 anunciou que colgaba as botas.