O Albacete Balompié foi fundado o 1 de agosto de 1940. O seu primeiro presidente foi Antonio Lozano Matarredona. A súa orixe sitúase no Café Colón, entre un grupo de amigos que querían formar unha sociedade deportiva: Antonio Tabernero, Pedro Monzón e o propio Antonio Lozano. A primeira dificultade foi a de incorporar xogadores. Reuniuse aos que pertenceran aos clubs antecesores SD Albacete e CD Albacete, onde había xente moi nova.
O primeiro nome foi Albacete Fútbol Asociación, pero cando a federación enviou unha circular na que se esixía que se "españolizasen" os nomes dos clubs, Antonio Lozano propuxo o de Albacete Balompié, denominación final do club.
Durante a década de 1940, a traxectoria do equipo discorre pola Terceira división española cultivando magníficos resultados en todas as tempadas, sendo a peor clasificación o terceiro posto. Corre o ano 1949 cando se produce o primeiro ascenso a Segunda división, categoría na que permanece durante dúas tempadas consecutivas e á que regresa de forma fugaz en 1961.
Na década dos anos sesenta compite sen maiores sobresaltos en Terceira, ata que en 1970 comeza un triste periplo polas categorías rexionais que finaliza de forma definitiva en 1977 cando consegue volver a Terceira.
O Albacete descende a Segunda división tras perder a promoción ante o CF Extremadura. Comezan entón uns anos de grandes dificultades tanto deportivas como económicas, con continuos cambios de equipos técnicos e directivos. Na tempada 2002-03, repetindo o que xa pasou con Benito Floro, César Ferrando (outro adestrador descoñecido e procedente da Comunidade Valenciana) remodela por completo o persoal e, tras unha gran tempada, consegue o tan ansiado ascenso como terceiro clasificado.
A última etapa histórica do club ata a data complétase con outras dúas novas tempadas consecutivas en Primeira. A 2004-05 supón o último descenso a Segunda división, logo de cometer moitos erros tanto no deportivo como no económico, tendo na figura do seu entón presidente Ángel Contreras ao principal responsable. Na tempada 2010-11 descende á Segunda División B.
O Albacete volveu á Segunda División na tempada 2013-14, onde se proclamou campión do grupo IV e gañou no play-off de campións ó Sestao River. Ademais, proclamouse campión da Segunda División B ó gañar ó outro equipo ascendido no play-off de campións, o Racing de Santander.
Uniforme
Titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Foi construído en 1960 e reformado por última vez en 1998, acollendo desde entón catro partidos da Selección española. Ten un aforamento de 17.500 espectadores.