A selección de fútbol de Catalunya-Levant foi unha selección creada no ano 1950, cunha selección mixta de xogadores de equipos de Cataluña e da Comunidade Valenciana, formando así a selección de fútbol dos Países Cataláns, coa finalidade de disputar un partido ante o Club Atlético San Lorenzo de Almagro arxentino, que estaba a facer unha xira por Europa. Paralelamente creouse unha selección Centro-Norte que se enfrontou o mesmo día ao Racing Club de Avellaneda.
A pesar de ser un partido moi igualado, e con moitas ocasións por parte de ambos, o San Lorenzo non puido facer nada ante os dous goles de Igoa e Hernández. Calvet substituíu a Gonzalvo III a dous minutos da final. O partido finalizou co resultado 2-1.[1]