Justo Beramendi
Justo Beramendi González , tamén chamado Xusto Beramendi [ 1] , nado en Madrid o 16 de xullo de 1941 e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2024 [ 2] , foi un historiador e escritor galego , presidente do padroado do Museo do Pobo Galego .
Traxectoria
Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959 -1967 ), de tradución en Barcelona (1969 -1974 ) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987 ), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994 . Xubilou no ano 2012.
Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco . Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977 ), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997 ).
Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez , Ramón Villar Ponte , Peña Novo , Castelao e Vicente Risco . Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983 ), Castelao (1986 ), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988 ), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993 ) e Memoria e Indentidade (2004).
No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao .[ 3]
Obra en galego
Ensaio
Vicente Risco no nacionalismo galego , 1981 , Edicións do Cerne .
A vida e a obra de Ramón Villar Ponte , 1991 , Ediciós do Castro .
Manuel Murguía , 1998 , Xunta de Galicia .
Alfredo Brañas no rexionalismo galego , 1998, Fundación Alfredo Brañas.
A Autonomía de Galicia , 2005 , Museo do Pobo Galego .
A revolución de 1846 , 2006 , Concello de Santiago.
De provincia a nación: Historia do galeguismo político , 2007 , Xerais .
A transición en Galicia , 2007.
A Galicia Autónoma. Os primeiros pasos da autonomía , 2008 .
Obras colectivas
Actas do Congreso Castelao , 1989 , Universidade de Santiago de Compostela . Editor, con Ramón Villares .
Galicia e a Historiografía , 1993 , Tórculo.
O nacionalismo galego , 1995 , A Nosa Terra. Con Xosé Manuel Núñez Seixas .
Nationalism in Europe. Past and present , 1995, Universidade de Santiago de Compostela.
Memoria e identidades , 2004 , Universidade de Santiago de Compostela.
A gran historia de Galicia , La Voz de Galicia , 2007.
Marcos Valcárcel . O valor da xenerosidade , 2009 , Difusora.
O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX , 2009, Fundación Galiza Sempre.
15-M: O pobo indignado , 2011 , Laiovento .
Á beira de Beiras . Homenaxe nacional , 2011, Galaxia .
A ollada exterior do nacionalismo galego , 2011, Fundación Galiza Sempre.
Perspectivas sobre Bóveda : Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano , 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza , 2015 , Galaxia.
As Irmandades da Fala (1916 -1931 ) , 2016 , Laiovento.
Arredor das Irmandades da Fala , 2016, Xerais.
Edicións
Galicia, de Manuel Murguía, 1982, Xerais.
Obra completa , de Antón Losada Diéguez , 1985 , Xerais.
Obra completa , de Lois Peña Novo , 1995, Universidade de Santiago de Compostela.
Teoría do nacionalismo galego , de Vicente Risco , 2000 , Sotelo Blanco .
Obra en castelán
Beramendi nun acto de homenaxe a Antón Fraguas en 2019.
Ensaio
El nacionalismo gallego , 1997 , Arco Libros.
La historia política: algunos conceptos básicos , 1999 , Tórculo.
Historia mínima de Galicia , 2016 , Turner, ISBN 978-84-16354-07-8 .
Obras colectivas
Miseria de la Economía , 1974 , Península. Con Eduardo Fioravanti.
AA.VV. (1991). Historia de Galicia . Faro de Vigo . ISBN 84-404-9520-X . .
La España de los nacionalismos y las autonomías , 2001 , Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.
"De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.[ 4]
Premios
Vida persoal
Necrolóxicas en La Voz de Galicia .
Casou con Carmen Álvarez Arcos e foi pai de Pablo e Mario Beramendi Álvarez.
Notas
↑ "Xusto Beramendi González" . Hispona . 2014-01-23. Consultado o 2024-07-03 .
↑ "Falece en Santiago o historiador Justo Beramendi, un «labrego da cultura»" . La Voz de Galicia . 2024-07-03. Consultado o 2024-07-03 .
↑ "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017" . Sermos Galiza . Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017 .
↑ Beramendi , J. (2003). "XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)" . Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán ) . USC. pp. 559–630. ISBN 84-9750-137-3 .
↑ Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo.
↑ Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensayo 2008 Arquivado 21 de outubro de 2008 en Wayback Machine . (en castelán ) .
↑ Diario, Nós (2024-08-02). "Os Premios Arraianos honran a Uxía, Beramendi e a Fundación Rosalía" . Nós Diario . Consultado o 2024-08-02 .
Véxase tamén
Ligazóns externas
1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024