Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo[1][2] e finado o 12 de setembro de 1985[3], foi un político galego, alcalde de Vigo.
Traxectoria
Era perito industrial, profesor mercantil e economista. Foi nomeado alcalde de Vigo en 1974, antes da morte de Francisco Franco, e continuou até agosto de 1978, cando dimitiu nun pleno municipal embarullado por mor das protestas veciñais pola venda dunha parcela municipal para rescatar unha concesión municipal[4] para dar paso a Enma González Bermello.
Durante a súa alcaldía foi inaugurada a nova casa consistorial, promoveuse a creación da Universidade de Vigo e que a cidade fose unha das sedes do Mundial de Fútbol España 1982. Foi o último alcalde que exerceu como presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
Notas
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |