Era medio irmán de Manuel Portela Valladares. Traballou como tipógrafo en Vigo, sendo un dos fundadores da UXT nesa cidade. Foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Vigo, director do diario Solidaridad dende 1901, e organizador da folga de tipógrafos de 1905.
En 1913 foi elixido concelleiro en Vigo polo PSOE. Presidente da Casa do Pobo da cidade, en 1931 foi un dos políticos e sindicalistas que proclamou a Segunda República en Vigo. Pouco despois, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Defendeu a alianza dos socialistas cos sectores republicanos, se ben a radicalización do seu partido e a revolución de 1934 apartárono da política.
↑La UGT de Vigo. Una aproximación histórica, de Antonio Manuel Chaves Cuiñas, editado pola Fundación Luis Tilve (1998), ISBN 84-921045-8-9. «Na cidade de Pontevedra ─contrariamente ao escrito por moitos ata a data─ nacía o 4 de decembro de 1871 Enrique Heraclio Botana [...]» (traducido do castelán). Aparece unha imaxe da acta de nacemento.
Pérez Agulla, Guillerme (2007). Fundación Luís Tilve, ed. "Enrique Heraclio Botana". Claridade. setembro (Especial homenaxe): 7–23. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.