Ángel de Lema Marina |
|
Nacemento | (es) Ángel de Lema y Marina 1820. Vigo. |
---|
Morte | 9 de abril de 1884. Vigo. |
---|
País de nacionalidade | Galega. |
---|
|
Ocupación | Editor e impresor. |
---|
|
Fillos | Eladio de Lema y Martín Antonio de Lema y Martín |
---|
Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.
Traxectoria
Iniciou a súa actividade profesional coa edición de diversas publicacións, como o folleto Informe sobre el cólera morbo asiático (1848), de Nicolás Taboada Leal.
A partir do 3 de novembro de 1853 a súa imprenta dedícase case exclusivamente á edición do Faro de Vigo, fundado polos xuristas José Carvajal Pereira e José María Posada. Co tempo pasou a ser da súa propiedade, chegando a exercer como director en 1861, cargo no que foi relevado en 1881 polo seu fillo Eladio de Lema Martín (1853-1928).
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |