O castelán colombiano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado na República de Colombia como a súa lingua nacional oficial e común.[2] É o segundo país do mundo con máis falantes nativos de castelán en cifras absolutas, logo de México. O 99,2% da poboación fala castelán,[3] sobre unha poboación de máis de 50 millóns de persoas (2020).[4] O termo ten máis relevancia xeográfica ca lingüística, xa que os dialectos que se falan nas diversas rexións de Colombia son bastante diversos. As falas das áreas costeiras tenden a exhibir innovacións fonolóxicas típicas do castelán caribeño, mentres que as variedades das terras altas foron historicamente máis conservadoras. O castelán é cooficial nos territorios de grupos étnicos de linguas e dialectos indíxenas, e a educación neles é bilingüe.[2] No país fálanse arredor de 10 dialectos da lingua castelá. A fala de Bogotá, unha variedade polo xeral conservadora do castelán colombiano, ten un alto prestixio social entre os falantes de castelán de toda América Latina.[5]
Principais dialectos
En Colombia existen distintos dialectos como resultado da súa complexa xeografía marcada por tres cordilleiras dos Andes que deu como resultado pouco acceso e comunicación entre as rexións. Son distinguibles para calquera falante de castelán os dialectos andinos e os dialectos costeiros do Caribe e do Pacífico.[6]
En liñas xerais, os dos macrodialectos colombianos, os costeiros e os de interior, amosan claros paralelismos cos dialectos meridionais e setentrionais de España respectivamente. O castelán do interior, semellante ao español setentrional, de consonantismo forte, articula con claridade a -s postvocálica ou final de palabra, ten -n final alveolar firme e non debilita o -l preconsonántico en [r]. O castelán costeiro é semellante ao español meridional de España, de consonantismo débil, debilita o -s postvocálico ou final ("los costeños" > "loh cohteño"), articula o -n como velar (camión > camiong) e nalgunhas zonas debilita o -l preconsántico en [r] ("alguno > arguno"). En morfoloxía, o de interior conserva de forma parcial o voseo antigo castelán (zona occidental) mentres que o costeiro fai uso extenso de tú como en toda a conca do Caribe. Cómpre sinalar que no sur da Guajira e o norte de Cesar, úsase un voseo verbal semellante ao do veciño estado venezolano de Zulia.
A partir destas 2 "superzonas" dialectais, pódese realizar a seguinte división:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Canfield, D. Lincoln (1981). Spanish Pronunciation in the Americas. Chicago: University of Chicago Press. pp. 34–38, "Colombia". ISBN 978-0-226-09262-1.
- Díaz Collazos, Ana María (2015). Desarrollo sociolingüístico del voseo en la región andina de Colombia. Berlín: De Gruyter. ISBN 978-3-11-040414-2. doi:10.1515/9783110404142. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2019. Consultado o 01-12-2020.
- Flórez, Luis (1964). El español hablado en Colombia y su atlas lingüístico: Presente y futuro de la lengua española 1. Madrid: OFINES. pp. 5–77.
- Garrido, Marisol (2007). Language Attitude in Colombian Spanish: Cachacos vs. Costeños. LLJournal 2. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o 2011-11-04.
- Lipski, John M. (1994). Latin American Spanish. Longman. ISBN 978-0-582-08761-3.
- Low, Peter (2015), Colombian Spanish: Phrases, Expressions and Tips to Help You Speak Like a Local, Travelloco Publishing, ISBN 978-1-5262-0248-2
- Ringer Uber, Diane (1985). The Dual Function of usted: Forms of Address in Bogotá, Colombia. Hispania 68. pp. 388–392. JSTOR 342216. doi:10.2307/342216.
|
---|
Linguas oficiais | |
---|
Linguas indíxenas | |
---|
Crioulas/outras | |
---|
Linguas de sinais | |
---|
|