Lingua inga

Inga
Inga kichwa
Falado en: Colombia
Rexións: Putumayo
Total de falantes: 33 000 (2007–2008)
Familia: Quechua
 Quechua II
  Norte
   Kichwa
    Inga
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ambos:
inb — lingua inga
inj — inga da xungla
Mapa
Status

O inga está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua inga ou inga kichwa é unha variedade do kichwa falada polo pobo inga, que habita no departamento colombiano de Putumayo. Existen dous dialectos: o das terras altas, falado no val de Sibundoy, e o da xungla, falada na zona dos ríos Putumayo e Japurá. Ethnologue 16 sinala que o inga das terras altas é parcialmente intelixible co kichwa de Imbabura.

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas