Lingua chimila

Chimila
Shimizya
Falado en: Colombia
Total de falantes: 350 (2009)[1]
Familia: Americana
 Chibcha
  Arwako–chimila
   Chimila
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cbg
Mapa
Status

O chimila está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua chimila (shimizya) é unha lingua chibcha falada en Colombia polo pobo chimila. Outrora, o chimila foi agrupado coas linguas malibú,[3] mais posteriormente foi clasificado como parte da familia chibcha.

Nomes derivados do chimila

"Cesar", o nome tanto do río Cesar como do departamento de Cesar, é unha adaptación da verba chimila Chet-tzar ou Zazare ("auga calma") ao castelán.[4]

Guatapurí deriva do chimila para "auga fría", e dá o nome ó río Guatapurí.[5]

Notas

  1. "A lingua chimila en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian Languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center. pp. 244–5. 
  4. LABLAA - Luis Galvis: Don Gonzalo Arquivado 14 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  5. Marcos Fidel Vega Seña (2005), Vallenato: Cultura y sentimiento, U. Cooperativa de Colombia. p14. (en castelán)