A lingua cofán (tamén chamada kofan ou kofane; autónimo: a'ingae) é unha lingua indíxena falada polo pobo cofán na provincia de Sucumbíos no nordeste de Ecuador e no sur de Colombia (Nariño e Putumayo).[3]
Malia que o cofán é unha lingua ameazada, está clasificada como lingua en desenvolvemento con arredor de 1400 a 2400 falantes.[4] Existen dúas variedades de cofán: o aguarico (falado en Ecuador) e o San Miguel (falado principalmente en Colombia).[4] Arredor do 60% dos falantes de cofán en Ecuador están alfabetizados na súa propia lingua.[5]
O uso do cofán en Ecuador está conectado co uso da lingua en documentos de dereitos de propiedade da terra e ao ensino bilingüe nas escolas. En Colombia, o cofán está máis ameazado por mor da violencia, os desprazamentos e o matrimonio interracial.[4]
Notas
- ↑ "A lingua cofán en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Fischer, R. W. (2007). "Clause linkage in Cofán (A'ingae), a language of the Ecuadorian-Colombian border region". Language endangerment and endangered languages: linguistic and anthropological studies with special emphasis on the languages and cultures of the Andean-Amazonian border area. Indigenous Languages of Latin America (ILLA) 5. Leiden: CNWS Publications. pp. 381–399. hdl:11245/1.277948.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gijn, Rik van; Haude, Katharina; Muysken, Pieter (2011-04-29). Subordination in Native South American Languages (en inglés). John Benjamins Publishing. ISBN 9789027287090.
- ↑ "Cofán". Ethnologue. Consultado o 23 de agosto de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Linguas oficiais | |
---|
Linguas indíxenas | |
---|
Crioulas/outras | |
---|
Linguas de sinais | |
---|
|