Lingua pisamira

Pisamira
Falado en: Colombia
Total de falantes: 61 (2005)[1]
Familia: Tucano
 Oriental
  Central
   Tatuyo–carapano
    Pisamira
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mcl
Mapa
Status

O pisamira está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua pisamira é unha lingua indíxena da familia tucana falada polo pobo pisamira, estabelecido no Resgardo Parte Oriental de Vaupés, en Colombia. Ethnologue identifícaa erradamente como un dialecto do tucano.[3] Segundo o censo de 2005 había uns 61 individuos do pobo pisamira, mais os adultos xa non transmiten a lingua aos nenos, que falan castelán habitualmente.[4]

Fonoloxía

O pisamira presenta seis vogais /a e i ɨ o u/ que poden ser orais ou nasais, e once fonemas consonánticos.[5] Algunhas destas consoantes /g, t͡ʃ, r/ teñen unha distribución restrinxida e raramente ou nunca aparecen ao comezo das raíces das palabras.[6]

Fonemas consonánticos do pisamira
Labial Apical Palatal Velar Glotal
Oclusivas xordas p t k
sonoras b d g
Aproximantes ʋ ʝ h
Africadas t͡ʃ
Vibrante Múltiple r

Notas

  1. Pisamira a ONIC
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Hammarström (2015) Ethnologue 16/17/18th editions: a comprehensive review: online appendices
  4. Pisamira en ONIC
  5. González de Pérez, María Stella (2000). Bases para el estudio de la lengua pisamira. Instituto Caro y Cuervo. 
  6. Preciado, Rodríguez; Patricia, Iveth (2018-02-28). "Aspectos de la morfología nominal y verbal de la lengua pisamira : una lengua de la familia tucano oriental del noroeste amazónico" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.
  • Kaufman, Terrence. (1990). Language history in South America: What we know and how to know more. In D. L. Payne (Ed.), Amazonian linguistics: Studies in lowland South American languages (pp. 13–67). Austin: University of Texas Press. ISBN 0-292-70414-3.
  • Kaufman, Terrence. (1994). The native languages of South America. In C. Mosley & R. E. Asher (Eds.), Atlas of the world's languages (pp. 46–76). Londres: Routledge.