Lingua rama
A lingua rama é unha lingua falada polo pobo rama de Nicaragua, pertencente á familia lingüística chibcha. Os seus falantes habitan na illa de caio Rama e o sur do lago Bluefields na costa caribe de Nicaragua. Outras linguas indíxenas da rexión inclúen o miskito e o sumo. O rama é unha das linguas máis setentrionais da familia chibcha.
A lingua rama está gravemente ameazada. A súa lingua foi descrita como "morrendo rapidamente por falta de uso" xa na década de 1860. Contra o ano 1980, díxose dos rama que "case perderon a súa lingua étnica orixinal" e convertéronse en falantes dunha forma de crioulo inglés. En 1992, só se podían atopar aproximadamente 36 falantes fluídos entre unha poboación étnica de 649 individuos. O número de falantes na illa de caio Rama era de só 4 persoas en 1992. Houbo varios esforzos de dinamización lingüística. O traballo de campo para o primeiro dicionario de rama foi feito durante este tempo por Robin Schneider, un estudante graduado da Universidade de Berlín.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Craig, Colette (1990). Review: Dictionary of the Rama Language. International Journal of American Linguistics 56. pp. 293–304. JSTOR 1265135.
- Craig, Colette (1991). "Ways to go in Rama: A case study in polygrammaticalization". En Traugott, Elizabeth Closs; Heine, Berndt. Approaches to grammaticalization (volume II). Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins. ISBN 978-90-272-2899-4.
- Craig, Colette (1992). Language shift and language death: the case of Rama in Nicaragua. International Journal of the Sociology of Language 93. pp. 11–26. doi:10.1515/ijsl.1992.93.11.
- Craig, Colette (2000). "A morphosyntactic typology of classifiers". En Senft, Gunter. Systems of Nominal Classification. United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-77075-0.
- Craig, Colette; Rigby, Nora; Assadi, Barbara; Tibbitts, Bonnie (1988). Diccionario Elemental Rama. Eugene: University of Oregon.
- Craig, Colette; Tibbitts, Bonny; Rigby, Nora; Benjamins, Cristina (1992). An illustrated dictionary in Rama. CIDCA.
- Craig, Colette; Tibbitts, Bonny; Rigby, Nora (1986). Notes on the Rama language. Wani: Revista Sobre la Costa Atlántica (CIDCA). pp. 29–32.
- Grinevald, Colette; Pivot, Bénédicte (2013). The Revitalization of a 'Treasure Language': The Rama Language Project in Nicaragua. Keeping Languages Alive.
- Lehmann, Walter (1911). Zentral-Amerika (I). Berlin: D. Reimer.
- Lehmann, Walter (1914). Vokabular der Rama-Sprache nebst grammatischem Abriss. München: Akademische Buchdruckerei von F. Straub.
- Pim, Bedford; Seemann, Berthold (1869). Dottings on the Roadside, in Panama, Nicaragua, and Mosquito. London: Chapman and Hall.
- Rigby, Nora; Craig, Colette G.; Tibbitts, Bonny (1989). Rama kuup alkwisbang! – Let's speak Rama – ¡Hablemos rama!. CIDCA.
- Rigby, Nora; Schneider, Robin (1989). Dictionary of the Rama language: Rama, English, Rama-Creole, Spanish, English, Rama (Speaking with the tiger). D. Reimer. ISBN 978-3-496-00459-2.
Ligazóns externas
|
---|
Waimí (Guaymi) | | |
---|
Talamanca | |
---|
Vóticas | |
---|
Kuna–colombianas | |
---|
Arhuaco–chimila | |
---|
Outras | |
---|
|
|
|