Características principais das linguas iberorrománicas
A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
Perden as formas adverbiais latinas (Ibi) e (Index), a diferenza das outras linguas románicas. [3]
O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
Forman os plurais con (s).
Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. [4]
Clasificación
Iberorromance nuclear
As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: [5]
A clasificación de Ethnologue inclúe un grupo de linguas románicas da Península Ibérica dubidoso, formado polo navarroaragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.