Ángel Llanos González, nado en Vigo o 24 de xuño de 1915 e finado ibídem o 16 de outubro de 2012, foi un fotoxornalista galego.
Traxectoria
Fillo do fotógrafo Francisco Miguel Llanos Trápaga e neto do tamén fotógrafo Francisco Llanos Mas, tivo unha dilatadísima actividade profesional, mesmo durante a Guerra Civil Española.
Tras anos de infrutuosas negociacións co Concello de Vigo, o fondo fotográfico Arquivo Ángel LLanos, de preto dun millón de imaxes, foi vendido no ano 2009 á Consellería de Cultura por 180.305 euros, con destino ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, pendente da apertura en Vigo do Centro Galego de Fotografía,[1] proxecto que non callou pois finalmente en Vigo abriu o Centro de Arte Fotográfica municipal, para pechar aos poucos días.
O seu concello adicoulle unha rúa no ano 2004. A Federación Galega de Prensa Deportiva premiouno en 2007 dobremente[2] e recibiu da Asociación da Prensa da Coruña o premio de honra Juan Cancelo de fotoxornalismo en 2011.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |