Ibídem

Un exemplo de Ibíd. Citas en uso de Michael J. Sandel.

Ibídem (abreviado ib.)[1] é unha locución latina que significa literalmente "alí mesmo, no mesmo lugar".

Emprégase xeralmente nas notas que se poñen nos escritos para non ter que repetir todas as indicacións da fonte de onde están tomadas varias citas. Estas indicacións escríbense completas só a primeira vez, na primeira nota; as demais veces que se cita esa fonte utilízase o termo ibídem ou, en abreviatura, ib., e indica que o lugar de onde se tomou a segunda cita e as posteriores, pertencen ao mesmo escrito que o da primeira nota.

Neste sentido, ten a mesma función que o vocábulo opere citato ("na obra citada", abreviado, op. cit.) ou loco citato ("no lugar citado", abreviado, loc. cit.). Con todo, ambos úsanse en distintos casos e non deben confundirse. A abreviatura ib. só fai referencia á cita inmediatamente anterior, significando que ambas as citas tratan sobre o mesmo autor e o mesmo libro, por iso eses datos non se colocan novamente e só se sinala a páxina correspondente en cada caso.

Tamén se usa con frecuencia nas biografías para indicar que o lugar do falecemento da persoa é o mesmo que o de nacemento. En certo modo é moi similar a ídem (que significa "algo xa mencionado anteriormente", "o mesmo").

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ibídem.