Os IX Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Innsbruck, Austria. A pesar de ser unha tradicional estación de esquí nese ano produciuse unha escaseza de neve debido ás cálidas condicións climáticas que se deron, isto obrigou que a mobilización do exército austríaco para traer neve doutros lugares.[1] A patinadora soviética Lidia Skoblikova entrou na historia dos Xogos ao lograr a medalla de ouro en todos as probas que disputou. Ao largo da súa carreira totalizaría 6 medallas de ouro olímpicas o que a converte na deportista con maior número de medallas de ouro na historia dos Xogos Olímpicos de Inverno.[1] Por primeira vez celebrouse a competición de luge, aínda que o deporte recibiu unha publicidade negativa cando nunha carreira previa aos Xogos finou un deportista.[2][3]
Elección da sede
Innsbruck tivo que competir con outras dúas cidades candidatas para a celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964. A votación tivo lugar na 55º sesión do Comité Olímpico Internacional, que tivo lugar en Múnic (República Federal Alemá), o 26 de maio de 1959.[4]
Facho Olímpico
Do 22 ao 29 de xaneiro, o facho olímpico tivo a seguinte ruta:
Foi a primeira vez se acendeu en Olimpia un facho para os Xogos Olímpicos de Inverno.
Deportes
Países participantes
Cadro de Medallas
Notas
Véxase tamén