Aínda neno, Suchodolski sufriu a expulsión da súa cidade logo do Alzamento de Varsovia de 1944, e pasou por diversos camposalemáns en Pruszków, Stutthof e Altforwerk, preto de Grudziądz. Acabada a guerra, graduouse na escola de educación secundaria Józef Sowiński, en 1953.
Xa no ámbito universitario, en 1954 comezou os seus estudos de Historia na Universidade de Varsovia, que culminou en 1957 cun mestrado en Arqueoloxía Polaca acadado co traballo titulado "A técnica de cuñaxe de moeda en Polonia na Alta Idade Media" (Technika bicia monet w Polsce we wczesnym średniowieczu), dirixido polo profesor e académico Witold Hensl. Logo continuou como alumno libre os seus estudos sobre Historia Medieval na mesma universidade, ata 1959, co profesor Aleksander Gieysztor. Finalmente, en 1961 logrou o seu doutoramento en Humanidades, dirixido por Ryszard Kiersnowski, coa tese "Casas de moeda na Polonia altomedieval dos séculos X a XII" (Mennictwo w Polsce wczesnośredniowiecznej od X do XII w.), publicada en 1973.[1][2]
Entre os anos 1960 e 2006 desempeñou a súa actividade profesional no Instituto de Historia da Cultura Material (chamado desde 1992 Instituto de Arqueoloxía e Etnoloxía) da Academia de Ciencias de Polonia, en Varsovia. Nesa institución desenvolveu diversas funcións, como profesor asociado (1983), profesor titular (1991), membro e vicepresidente do Consello Científico (1981-1983 e 1990-1992) e xefe do Departamento de Arqueoloxía Medieval (1994-1996).[1]
Investigación numismática
A súa tese de licenciatura non foi máis que o inicio dos seus estudos acerca da historia do diñeiro en Polonia, investigando a orixe da moeda no país. Para iso, logrou reunir todo o material dispoñible naquel momento en coleccións nacionais e estranxeiras e, sobre esa base, combinando metodoloxías clásicas con outras máis anovadoras, tanto arqueolóxicas como numismáticas, puido achegarse ás primeiras cuñaxes da dinastía dos Piastas.[3] Nas décadas seguintes, complementou e revisou as súas investigacións, e, no Congreso Internacional de Numismática de Berlín (1997), expuxo a súa conclusión de que Miecislao I (960-992) aínda non emitira moeda, polo que os diñeiros que se lle atribuían foran cuñados polo seu neto, Miescislao II (1025-1031), como herdeiro ao trono.[4]
Mais Suchodolski non descoidou os estudos sobre a numismática polaca posterior. Mediante a observación e a análise do número de cuños, a metroloxía e a lei das aliaxes de cuñaxe, logrou aproximarse á organización da actividade nas cecas, ás cantidades producidas e á política de emisións de cada gobernante, así como á súa rendibilidade económica.[8] Máis tarde, sobre esta base, postulou a tese de que unha das razóns da resistencia contra Boleslao o Temerario (1076-1079), que o obrigou ao abandono do trono, foi a súa política monetaria, xa que algunhas moedas oficialmente de prata cuñadas durante o seu reinado contiñan ata un 90 % de cobre.[9]
Suchodolski ampliou as súas investigacións a emisións monetarias non realizadas a nome dos monarcas e, entre elas, logrou identificar os diñeiros cuñados por Piotr Wszeborowic, un voivoda de Miecislao III (1138-1202).[10] En tanto que analizaba o enorme tesouro que se acababa de descubrir en Głogów (máis de 20.000 moedas), foi aclarando as orixes da moeda do distrito de Silesia, e cambiou a atribución de varios tipos monetarios dos séculos XII e XIII.[11]
No Congreso Internacional de Numismática de Bruxelas (1991), presentou as súas conclusións acerca da falta de concordancia entre a asignación dalgunhas emisións e o nome da autoridade que aparece nelas, xa que algunhas delas se presentan de xeito anónimo e noutras recórrese ao nome ou á simboloxía do pai ou mesmo do avó da autoridade que realmente ordena a cuñaxe.[12]
Organizacións e sociedades científicas
Ao longo da súa carreira científica e académica, Suchodolski pertenceu a un bo número de entidades, algunhas delas desde postos de responsabilidade. Estas son algunhas das máis significativas: [13][14]
Academia Polaca de Ciencias: membro do Comité de Ciencias Históricas (1980-1986); fundador e presidente da Comisión de Numismática (1988-2007).
(2006): Cruz de Cabaleiro da Orde de Polonia Restituta.[13]
(2015): Medalla Lux et Laus, do Comité Permanente de Medievalistas Polacos.[13]
Publicacións
Suchodolski foi un autor moi prolífico. Na súa produción editorial hai máis de 600 referencias de artigos en 11 monografías, delas catro en colaboración con outros autores. Esta é unha escolma do máis senlleiro da súa produción:[19][20]
Monografías
(1967). "Moneta polska w X/XI wieku". En Wiadomości Numizmatyczne. XI. Páxinas 3-4. ISSN 0043-5155
(1971). Początki mennictwa w Europie Środkowej, Wschodniej i Północnej. Instituto Nacional Ossoliński, Varsovia.
(1973). Mennictwo polskie w XI i XII wieku. Instituto Nacional Ossoliński, Varsovia.
(1974). Wczesnośredniowieczny skarb srebrny z Zalesia, powiat Słupca. II (con M. Dekówna e J. Reyman). Instituto Nacional Ossoliński, Varsovia.
(1981). Denar w kalecie. Trzy pierwsze stulecia monety polskiej. Instituto Nacional Ossoliński, Wrocław. ISBN 978-8304008878
(1982). Moneta i obrót pieniężny w Europie Zachodniej. Instituto Nacional Ossoliński, Varsovia. ISBN 978-8304010789
(1987). Moneta możnowładcza i kościelna w Polsce wczesnośredniowiecznej. Instituto Nacional Ossoliński, Wrocław. ISBN 978-8304025134
(2012). Numizmatyka średniowieczna. Moneta źródłem archeologicznym, historycznym i ikonograficznym. Trio, Varsovia. ISBN 978-83-7436-275-7
(2013-2017). Frühmittelalterliche Münzfunde aus Polen (con M. Bogucki e P. Ilisch). Institut für Archäologie und Ethnologie. Polnischen Akademie der Wissenschaften, Varsovia.
(1972). "Les débuts du monnayage en Pologne à la fin du Xe et au commencement du XIe siècle". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 51. Páxinas 131-135.
(1992). "Zmiany chronologii i atrybucji monet polskich z XII/XIII w. w świetle skarbu z Głogowa". En Wiadomości Numizmatyczne. XXXVI. Páxinas 105-120.
(1993). "Le nom du prince qui n'est pas l'émetteur. Un exemple des monnaies polonaises du XIIe siécle". En Actes du XIe Congrès International de Numismatique organisé á l'occasion du 150e annversaire de la Société Royale de Numismatique de Belgique Bruxelles, 8-13 septembre 1991, vol. III, Monnaies byzantines, monnaies médiévales et orientales. Association Professeur Marcel Hoc. Páxinas 181-186.
(1999). "Pierwsza moneta z czasów cesarzowej Teofano. Skład i data ukrycia skarbu z Maurzyc pod Łowiczem". En Wiadomości Numizmatyczne. XLIII. 1-2. Páxinas 187-204.
(2000). "Noch einmal über die Anfänge der Münzprägung in Polen". En Kluge, B.; Weisser, B. (eds.). XII Internationaler Numismatischer Kongress. Berlin 1997. Akten-Proceedings-Actes. Páxinas 978-982.
↑"Polityka mennicza a wydarzenia polityczne w Polsce we wczesnym średniowieczu". En Suchodolski, S. (2012). Páxinas 335-341. [Véxase (2012) en "Publicacións: Monografías"].
Bogucki, M. et al. (eds.). Nummi et humanitas. Studia ofiarowane profesorowi Stanisławowi Suchodolskiemu w 80 rocznicę urodzin. PAN, Varsovia. ISBN 978-83-63760-93-9
Paszkiewicz, B. (ed.) (2002). Moneta medievalis. Studia numizmatyczne i historyczne ofiarowane Prof. Stanisławowi Suchodolskiemu w 65. rocznicę urodzin. Varsovia.
Kuźmin, A. (ed.) (2003). Międzynarodowa Sesja Numizmatyczna w Gdańsku z okazji 65. lecia Prof. Stanisława Suchodolskiego. Materiały. Gdansk.