Tony Hackens

Modelo:BiografíaTony Hackens
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1939
Eupen, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 1997 (58 anos)
Ottignies.
Brabante Valón.
Bélxica Bélxica.
País de nacionalidadeBelga.
Educación Universidade Católica de Lovaina.
Q89547790Estudos de numismática e arqueoloxía da Antigüidade.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónarqueólogo Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Premios
(1980): Jeton de Vermeil (SNF).

Tony Hackens, nado o 28 de agosto de 1939 en Eupen, Liexa, e finado o 28 de novembro de 1997 en Ottignies, Brabante Valón, foi un numismático, arqueólogo e historiador da arte belga especializado na Roma e Grecia antigas.

Traxectoria

Ámbito académico

Tony Hackens graduouse en Filoloxía Clásica e en Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade Católica de Lovaina (UCL). No curso 1960-1961 pasou unha estadía no Instituto Histórico Belga de Roma e posteriormente acadou o doutoramento en Filosofía e Letras na UCL cunha tese titulada l’Histoire et iconographie du temple capitolin et de la triade capitoline.[1]

Inmediatamente ingresou na Escola Francesa de Atenas, entre 1962 e 1967.[1]

Á súa volta a Bélxica foi nomeado axudante e posteriormente profesor no Instituto de Arqueoloxía e Historia da Arte da Universidade Católica de Lovaina, onde se encargou das materias de Arqueoloxía Mediterránea, de Historia da Arte, de Arqueoloxía da Antigüidade Grega, de Numismática Antiga e de Historia Económica da Antigüidade.[2]

Paralelamente, impartiu tamén docencia no Instituto Superior de Historia da Arte e de Arqueoloxía de Bruxelas. Por outra banda, exerceu como profesor invitado na Universidade Brown (Providence, Rhode Island, 1970), na Universidade de Lille (Francia,1980-1982) e na American Numismatic Society, de Nova York (1978 e 1986).[3]

En 1997, foi elixido decano da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Católica de Lovaina, pouco antes do seu pasamento.[4]

Ámbito numismático

Hackens é autor de estudos salientables sobre os obradoiros monetarios, a metroloxía, a iconografía numismática e a circulación monetaria na Antiga Grecia e na Antiga Roma.[5] Está considerado como un dos pais da metrocronoloxía,[6] é dicir: "o que se pode derivar do estudo dos pesos das moedas en canto se poida inscribir unha emisión específica no cadro máis amplo que lle serviu de marco natural".[7] El formulou diversas hipóteses anovadoras acerca da cuantificación das cuñaxes nas emisións na Antigüidade, sinaladamente en relación cos conflitos militares; e esas hipóteses foron verificadas posteriormente por alumnos seus como P. Marchetti, M. B. Borba-Florenzano, K. Konuk[8] et F. de Callataÿ.[9]

Desde unha perspectiva máis institucional, Hackens fundou o Seminario de Numismática Marcel Hoc na Universidade Católica de Lovaina.[10] Tamén presidiu a Sociedade Real de Numismática de Bélxica (1988-1990) e o comité organizador do XI Congreso Internacional de Numismática (Bruxelas, 1991).[2][11]

Por outra banda, foi codirector da Revue belge de numismatique et de sigillographie entre 1970 e 1997, e foi un importante promotor de publicacións científicas sobre numismática,[12] na súa condición de fundador e directivo da serie editorial Numismatica Lovaniensa.[10]

Ámbito arqueolóxico

Logo das súas aprendizaxes no sitio arqueolóxico romano de Alba Fucens (1959), Tony Hackens dirixiu, entre 1963 e 1967, a escavación do teatro de Tórico (na Ática) e asegurou a datación dese monumento.[13]

Como membro da Escola Francesa de Atenas, Participou tamén, de 1962 a 1967, en exploracións arqueolóxicas francesas como as de Malia (en Creta), Argos e Delos, e estudou as moedas achadas neses lugares.[14]

Na década de 1980 dirixiu, baixo os auspicios da Dirección de Antigüidades de Corfú e en colaboración coa Brown University, unha serie de campañas de escavacións no antigo centro urbano da vila de Corcyre.[15]

Outros ámbitos

Tony Hackens foi membro fundador, vicepresidente (1976-1995) e copresidente (1995-1997) da rede PACT (Rede europea de cooperación científica e tecnoloxía aplicada ao patrimonio cultural), no seo do Consello de Europa. Como tal, organizou numerosos encontros internacionais de carácter interdisciplinario.[16] Coa finalidade de publicar as actas destes encontros, fundou a revista PACT, da que foi o editor responsable (saíron máis de 50 números entre 1977 e 1997).[4][17]

Tamén fundou e dirixiu a serie de publicacións de historia da arte e de arqueoloxía da Universidade Católica de Lovaina (baixo a súa responsabilidade editorial apareceron 96 volumes e 30 documentos de traballo), e en 1968 a Revue des archéologues et historiens d’art de Louvain, ademais de participar, como secretario e tesoureiro, a partir de 1972, na dirección da revista l’Antiquité classique.[4]

Recoñecementos

Escolma de publicacións

Numismática

  • (1961). "Spina et l'Étrurie padane". En L'Antiquité Classique. 29-2. Páxinas 407-412.
  • (1961). "Circus Florae. Note de topographie romaine". En L'Antiquité Classique. 30-1. Páxinas 130-145.
  • (1961). "Nouvelles recherches concernant les premiers temps de Rome et la topographie romaine (1957-1961)". En L'Antiquité Classique. 30-2. Páxinas 484-506.
  • (1962). "Considérations sur le poids du denier romain vers la fin de la République". En Revue belge de numismatique. 108. Páxinas 29-47.
  • (1962). "Ostie. Découvertes et recherches récentes (1957-1962)". En L'Antiquité Classique. 31-1-2. Páxinas 303-320.
  • (1965). "Trésor hellénistique trouvé à Délos en 1964". En Bulletin de correspondance hellénique. 89. Páxinas 503-566.
  • (1965). "Trésor de tétradrachmes alexandrins de l'époque impériale". En Bulletin de Correspondance Hellénique. 89. Páxinas 383-389.
  • (1965). "Thorikos 1963. Rapport préliminaire sur la première campagne de fouilles". En L'Antiquité Classique. 34-1. Páxinas 5-46.
  • (1968). "À propos de la circulation monétaire dans le Péloponnèse hellénistique au IIIe s. av. J.-C.". En Antidorum W. Peremans sexagenario ab alumnis oblatum (Studia hellenistica, 16). Lovaina. Páxinas 69-95.
  • (1968). "Monnaies d’Italie et de Sicile circulant en Grèce". En Revue belge de numismatique. 114. Páxinas 119-129.
  • (1969). "La Circulation monétaire dans la Béotie hellénistique : trésors de Thèbes 1935 et 1965". En Bulletin de correspondance hellénique. 93. Páxinas 701-729.
  • (1970). Sylloge Nummorum Graecorum. Grèce. Collection Réna H. Evelpidis. Première partie : Italie, Sicile, Thrace (con R. Evelpidis, R.).
  • (1970). "Les Monnaies". En Exploration archéologique de Délos, XXVII, L’îlot de la Maison des Comédiens. Cap. XVI. París. Páxinas 387-419
  • (1970). "L'influence rhodienne en Crète aux IIIe et IIe s. av. J.C. et le trésor de Gortyne, 1966". En Revue belge de numismatique. 116. Páxinas 37-58.
  • (1973). "Le Monnayage de l’atelier de Délos à l’époque archaïque". En Études déliennes (École française d’Athènes, Bulletin de correspondance hellénique, supplément, 1). París. Páxinas 209-226.
  • (1975). "Terminologie et techniques de fabrication", "Le Rythme de la production monétaire dans l’Antiquité" e "La Circulation monétaire, question de méthodes". En Hackens et al. Numismatique antique. Problèmes et Méthodes. Lovaina-Nancy. Páxinas 3-15, 189-96, 213-222.
  • (1975). Sylloge Nummorum Graecorum. Grèce. Collection Réna H. Evelpidis. Deuxième partie : Macédoine, Thessalie, Illyrie, Epire et Corcyre (con R. Evelpidis). Lovaina.
  • (1976). "Les Monnaies de la nécropole". En Bruneau, P. et al. (eds), Médéon de Phocide, V. Tombes hellénistiques - Objets de métal - Monnaies. París. Páxinas 123-129.
  • (1977). "Chronique numismatique I. Les Monnaies grecques les plus anciennes (VIIe –Vie s. av. J.-C.)". En L’Antiquité classique. 46. Páxinas 205-218.
  • (1977). "La Métrologie des monnaies étrusques les plus anciennes". En Introduzione allo studio della moneta etrusca. Atti del V Convegno del Centro internazionale di studi numismatici, Napoli, aprile 1975. Roma. Páxinas 221-272.
  • (1979). "Les Équivalences des métaux monétaires argent et bronze en Sicile au Ve s. av. J.-C. Plaidoyer pour une métrochronologie". En Le origini della monetazione di bronzo in Sicilia e in Magna Grecia. Atti del VI Convegno internazionale di studi numismatici, Napoli, 17-22 aprile 1977. Nápoles. Páxinas 309-350.
  • (1980). "Un atelier monétaire dans un temple argien ?". En Études argiennes (École française d’Athènes, Bulletin de correspondance hellénique, supplément, VI) (con H. Consolaki, H). París. Páxinas 279-294.
  • (1981). "La Métrochronologie et la numismatique des ensembles. Aboutissements récents de tendances méthodologiques dans les études numismatiques". En Hackens, T. et Carcassonne, C. (eds). Statistics and Numismatics. Statistique et Numismatique. Table ronde organisée par le Centre de mathématique sociale de l’École des hautes etudes en sciences sociales de Paris et le séminaire de numismatique Marcel Hoc de l’université catholique de Louvain, Paris, 17-19 sept. 1979. (PACT 5). Estrasburgo. Páxinas 57-74.
  • (1981). "Analyse de monnaies de bronze au moyen de la méthode PIXE et par activation de neutrons rapides. Problèmes de méthode" (con G. Demortier e F. Bodart). En Actes du congrès international d’archéométrie de Paris, 1980. Revue d’archéométrie, 3. Páxinas 63-72.
  • (1985). "La Circulation monétaire en Belgique gallo-romaine. Statistiques et Mirages". En Les Études classiques. Mélanges d’archéologie nationale offerts au R.P. André Wankenne, 53, 1. Páxina 33-49.
  • (1986). "Essai de métrologie comparée des monnayages de Naples et de monnayages parallèles". En La monetazione di Neapolis nella Campania antica. Atti del VII Convegno del Centro internazionale di studi numismatici, Napoli, 20-24 aprile 1980. Nápoles. Páxinas 429-442.
  • (1987). "Le Rythme des frappes des ateliers monétaires grecs archaïques et classiques". En Hackens, T.; Depeyrot, G.; Moucharte, G. (eds). Rythmes de la production monétaire de l’Antiquité à nos jours. Actes du colloque organisé à la Monnaie de Paris, 10-12 janvier 1986, par le séminaire de numismatique Marcel Hoc, la Monnaie de Paris et le CNRS. Lovaina a Nova. Páxinas 1-10.
  • (1987). "Numismatique et histoire économique, bilan de quinze ans de recherches. L’Apport de la numismatique à l’histoire économique". En Hackens, T.; Marchetti, P. (eds.). Histoire économique de l’Antiquité. Bilans et contributions de savants belges présentés dans une réunion interuniversitaire à Anvers. Lovaina a Nova. Páxinas 151-169.

Outras áreas

Tony Hackens foi tamén autor de diversos traballos acerca da cerámica e da ourivaría antigas:

  • (1974). Vases grecs, étrusques et italiotes de la collection Abbé Mignot (con F. de Ruyt). Lovaina.
  • (1976). Catalogue of the Classical Collection. Classical Jewelry. Museum of the Rhode Island School of Design. Providence.
  • (1980). Du bon usage du vase grec. Lovaina a Nova.
  • (1980). Aurifex I. Études sur l’orfèvrerie antique. Studies in Ancient Jewelry. Lovaina a Nova.

Notas

  1. 1,0 1,1 Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999).
  2. 2,0 2,1 Vanschoonwinkel, J. (1998). Páxina 2.
  3. Vanschoonwinkel, J. (1998). Páxina 4.
  4. 4,0 4,1 4,2 Vanschoonwinkel, J. (1998). Páxina 3.
  5. Coulie, B. (2007).
  6. De Callataÿ, F. (1997).
  7. De Callataÿ, F. (2000).
  8. Konuk, K. (2011). “War Tokens for Silver? Quantifying the Early Bronze Issues of Ionia”. En [ [François de Callataÿ|De Callataÿ, F.]] (ed.). Quantifying Monetary Supplies in Greco-Roman Times. Bari. Páxinas 151-161.
  9. De Callataÿ, F. (2011).
  10. 10,0 10,1 Claes, L. (2017). "Docendo Discimus: The History of Numismatic Education in Belgium...". En Moens, J. (ed.). Colloquium Belgian Numismatics in Perspective. Brussels, 21 may 2016. Société royale de numismatique de Belgique, Bruxelas. Páxina 25.
  11. Burnet, A. (1991). "Numismatique: le congrès de Bruxelles s'organise". En Le Soir. 4 de setembro.
  12. Moucharte, G. (1999).
  13. Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). Páxina XVIII.
  14. Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). Páxinas XVII-XVIII.
  15. Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). Páxinas XI-XII.
  16. Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). Páxina XIX. Nota 18.
  17. Burnet, A. (1992). "Un PACT pour le patrimoine. Nnotre premier regard sur le passé de l'Estonie". En Le Soir. 17 de febreiro.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). Páxina XXII.
  19. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Coulie, B. (2007). "Avant-propos". En Moucharte, G.; Borba Florenzano, M. B.; De Callataÿ, F. et al. (eds.). Liber amicorum Tony Hackens. Lovain a Nova. Páxina VII.
  • De Callataÿ, F. (1997). "Tony Hackens". En Compte rendu, 44. Commission Internationale de Numismatique. Páxinas 58-60.
  • De Callataÿ, F. (2000). "Séance tenue au Cabinet des Médailles le 18 décembre 1999". En Revue belge de numismatique. CXLVI. Páxina 275.
  • De Callataÿ, F. (2011). “Tony Hackens et l’humanisme scientifique: Argos et la circulation monétaire dans le Péoponnèse”. En Doyen, C.; Apostolou, E. (eds.). Coins in the Peloponnese. Proceedings of the Sixth scientific meeting of the Friends of the Numismatic Museum. Argos 2011. Volume I: Ancient Times. Páxinas 23-32.
  • Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). "Quelques points forts de la biographie de Tony Hackens". En Revue des archéologues et historiens d’art de Louvain, XXXII. Lovaina a Nova. Páxina XVII.
  • Marcheti, P. (1997). "In memoriam Tony Hackens". En Revue belgue de numismatique. CXLIII. Páxinas III-VIII.
  • Moucharte, G. (1999). "Bibliographie du professeur Tony Hackens". En Revue des archéologues et historiens d’art de Louvain, XXXII. Lovaina a Nova. Páxinas XXIII-XXX.
  • Vanschoonwinkel, J. (1998). "In memoriam Tony Hackens". En l'Antiquité classique, 67. Páxinas 1-4.

Read other articles:

Penyuntingan Artikel oleh pengguna baru atau anonim untuk saat ini tidak diizinkan.Lihat kebijakan pelindungan dan log pelindungan untuk informasi selengkapnya. Jika Anda tidak dapat menyunting Artikel ini dan Anda ingin melakukannya, Anda dapat memohon permintaan penyuntingan, diskusikan perubahan yang ingin dilakukan di halaman pembicaraan, memohon untuk melepaskan pelindungan, masuk, atau buatlah sebuah akun. Halaman ini berisi artikel tentang pelat nomor di Indonesia. Untuk pelat nomor se...

 

Questa voce sull'argomento fisiologia vegetale è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Schema di ciclo vitale aplodiplonte Lo sporòfito, nel ciclo vitale aplodiplonte con alternanza di generazione, è la forma diploide pluricellulare, derivante dall'unione di due gameti. In seguito al processo di meiosi lo sporofito produce spore aploidi che porteranno poi alla formazione del gametofito. Lo sporòfito si sviluppa per mitosi dallo zigote, prim...

 

AirportCagliari Elmas AirportInternational Mario MameliAeroporto di CagliariIATA: CAGICAO: LIEESummaryAirport typeMilitary/PublicOperatorSo.G.Aer. S.p.A.ServesCagliari, SardiniaFocus city for Ryanair Volotea Elevation AMSL13 ft / 4 mCoordinates39°15′05.29″N 09°03′15.42″E / 39.2514694°N 9.0542833°E / 39.2514694; 9.0542833WebsiteOfficial websiteMapCAGLocation of the airport in SardiniaShow map of SardiniaCAGCAG (Italy)Show map of ItalyRunways ...

LewaKecamatanNegara IndonesiaProvinsiNusa Tenggara TimurKabupatenSumba TimurPemerintahan • CamatLexi Cristian HenukPopulasi • Total16,420 jiwa jiwaKode Kemendagri53.11.03 Kode BPS5302010 Luas281,1 km²Desa/kelurahan8 Pertunjukan gramofon di Lewa Paku pada masa Hindia Belanda Lewa adalah sebuah kecamatan di Kabupaten Sumba Timur, Nusa Tenggara Timur, Indonesia. Kecamatan ini berjarak sekira 60 Km ke arah barat daya dari ibu kota Kabupaten Sumba Timur, Kota Waingapu...

 

Синелобый амазон Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:ЗавропсидыКласс:Пт...

 

ロバート・デ・ニーロRobert De Niro 2011年のデ・ニーロ生年月日 (1943-08-17) 1943年8月17日(80歳)出生地 アメリカ合衆国・ニューヨーク州ニューヨーク市身長 177 cm職業 俳優、映画監督、映画プロデューサージャンル 映画、テレビドラマ活動期間 1963年 -配偶者 ダイアン・アボット(1976年 - 1988年)グレイス・ハイタワー(1997年 - )主な作品 『ミーン・ストリート』(1973年)...

ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Раннее христианство Гностическое христианство Вселенские соборы Н...

 

МифологияРитуально-мифологическийкомплекс Система ценностей Сакральное Миф Мономиф Теория основного мифа Ритуал Обряд Праздник Жречество Мифологическое сознание Магическое мышление Низшая мифология Модель мира Цикличность Сотворение мира Мировое яйцо Мифическое ...

 

Railway station in Hamamatsu, Japan This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Kamiichiba Station – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2022) Kamiichiba Station上市場駅Kamiichiba Station in November 2009General informationLocationSakuma-cho Urakawa 2541, Tenryū-ku, Hamamatsu...

American police chief This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (February 2020) (Learn how and when to remove this message)Heather J. FongFong in 2014Born1956 (age 67–68)San Francisco, CaliforniaAlma materUniversity of San Francisco (BA)SF State (MSW)Air Force Reserve Officer Training CorpsPolice careerDepartmentSan Francisco Police Depar...

 

Mound formed on a retreating glacier and deposited on land For other uses, see Kame (disambiguation). A kame near Kirriemuir, Scotland A kame in Yellowstone National Park, Wyoming A kame among the glacial drift on the terminal moraine of the Okanagan Lobe of the Cordilleran Ice Sheet on the Waterville Plateau of the Columbia Plateau in Washington A kame, or knob, is a glacial landform, an irregularly shaped hill or mound composed of sand, gravel and till that accumulates in a depression on a ...

 

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

American swimwear company Dolfin SwimwearIndustryTextiles, ApparelFoundedReading, Pennsylvania (1941 (1941))HeadquartersReading, Pennsylvania, United StatesArea servedWorldwideKey people Jim KorthPresident and chief executive officer ProductsSwimwear, accessoriesParentElite Sportswear, L.P.Websitewww.dolfinswimwear.com Dolfin Swimwear is an American company that manufactures and sells competitive and recreational swimwear. The brand is well known for its Dolfin Uglies product line, which...

 

|1 = European Union–Iraq= |2 = European Union= |3 = Iraq= Відносини Ірак — Європейський Союз Європейський Союз Ірак Відносини Іраку та Європейського Союзу — це міжнародні відносини між Республікою Ірак і Європейським Союзом. Відносини були напруженими з початку 1990-х років, але зараз вони пост...

 

قائمة أكبر الإمبراطوريات تعرف الإمبراطورية بالدولة العظمى التي تحكم بشكل مباشر وشبه مباشر بالعصور القديمة، ثم ساد نظام المستعمرات للأراضي ما وراء البحار، والمصطلح موضع خلاف بين المؤرخين، وعادة ما ارتبط اسم الإمبراطورية بالدولة ذات القوة العسكرية تخضع باقي الدول، وعادة ...

USS Hampden County (LST-803) underway History United States NameUSS LST-803 Builder Jeffersonville Boat & Machine Company Jeffersonville, Indiana Laid down2 September 1944 Launched19 October 1944 Sponsored byMrs. Katie Bryant Commissioned13 November 1944 Decommissioned15 June 1949 Recommissioned15 November 1950 RenamedUSS Hampden County (LST-803), 1 July 1955 Decommissioned2 January 1958 Stricken17 April 1958 FateSunk as target, 26 September 1958 General characteristics Class and typeLST...

 

Surface covering of metal on a conductor Plated redirects here. For the online meal kit company, see Plated (meal kits). For use in cooking, see Food presentation. For use in microbiology, see Petri dish § Microbiology. For the term in geology, see Plating (geology). For the term in philately, see Plating (philately). Plating is a finishing process in which a metal is deposited on a surface. Plating has been done for hundreds of years; it is also critical for modern technology. Plating ...

 

CDP in Texas, United StatesCameron Park, TexasCDPCoordinates: 25°58′15″N 97°28′43″W / 25.97083°N 97.47861°W / 25.97083; -97.47861CountryUnited StatesStateTexasCountyCameronArea • Total0.6 sq mi (1.6 km2) • Land0.6 sq mi (1.5 km2) • Water0.0 sq mi (0.0 km2)Elevation16 ft (5 m)Population (2020) • Total6,099 • Density10,000/sq mi (3,800...

Industrial Light & Magic Logo Rechtsform Tochtergesellschaft Gründung 26. Mai 1975 Sitz Letterman Digital Arts Center im Presidio in San Francisco, Kalifornien, USA Mitarbeiterzahl 1,200 Branche Visueller EffektGrafische DatenverarbeitungAnimation Website https://www.ilm.com/ Stand: 28. April 2024 Industrial Light & Magic (ILM) ist ein US-amerikanisches Unternehmen, das visuelle Effekte für Filme, Fernsehserien, Werbespots und Musikvideos erschafft. Es wurde am 26. Mai 1975 vo...

 

Pour les articles homonymes, voir Fabretti. Ariodante FabrettiFonctionsDéputéXIIIe législature du royaume d'Italie20 novembre 1876 - 2 mai 1880Sénateur du royaume d'ItalieBiographieNaissance 1er octobre 1816PérouseDécès 15 septembre 1894 (à 77 ans)Monteu da PoSépulture Cimetière monumental de PérouseNationalité italienne (17 mars 1861 - 15 septembre 1894)Formation Université de BologneActivités Anthropologue, homme politique, archéologue, historienAutres informationsA tra...