A praza deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga[1] e no centro da praza hai un mercado con máis de 150 postos e centro comercial.[2]
Descrición
A praza é de sección rectangular con 120 metros por 50 metros e está rodeada de catro rúas, unha delas peonil e as outras tres de sentido único de circulación. A maior parte da superficie da praza está ocupada polo mercado Eusebio da Guarda no cal está o único FNAC de Galiza. Nos últimos anos na zona abriron establecementos principalmente de roupa e complementos, converténdoa nunha das principais áreas comerciais da Coruña.[3]
O mercado orixinal que había na praza foi inaugurado o 9 de abril de 1910. A obra foi pagada en boa parte polo filántropo coruñés Eusebio da Guarda (que lle deu nome) quen deixou no seu testamento de 35 000 a 40 000 pesos tendo o concello que poñer o soar.[5] O segundo mercado foi inaugurado en 1958 e derrubado en 2003 para inaugurar o novo en xullo de 2006.[6]