Era fillo do enxeñeiro dos ferrocarrís do Noroeste Pedro Antonio de Mesa Arroquia e de Amelia Álvarez Ruiz.
Estudou na Escola Superior de Arquitectura entre 1880 e 1887. En 1888 presentou un primeiro proxecto de fin de carreira que foi rexeitado, mais o ano seguinte conseguiu o título con “Proyecto de Bolsa”.
A súa obra móvese entre o eclecticismo e o modernismo.[2] Durante a súa estadía na Coruña realizou o novo edificio da Terraza, a escalinata do Obelisco dos Cantóns e a reforma da fábrica de tabacos (1910).[3]
Foi o autor tamén do lavadoiro público do Parrote (1895-1896), xa desaparecido, e colaborou co enxeñeiro Diego Fernández Herce nas obras da dársena e o varadoiro do Parrote. O seu proxecto para o mercado de Santo Agostiño (1910-1911) non foi construído.[4]
Tamén asinou os proxectos para o edificio de vivendas modernistas situado na Avda. de Oza nº. 130 e para a casa modernista lindeira situada no nº. 152.