Castelo de Santo Antón

Castelo de Santo Antón
ben de interese cultural

Vista exterior do castelo dende o mar.
Castelo de Santo Antón en A Coruña
Castelo de Santo Antón
Castelo de Santo Antón
Localización no mapa provincial.
ConcelloA Coruña
ProvinciaProvincia da Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°21′57″N 8°23′16″O / 43.365770946945, -8.387784127122
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRenacemento[1] (s. XVI)
Estilo actualRenacemento
Neoclásico (s. XVI-XVIII[2])
Estado actualMuseo arqueolóxico
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Santo Antón, é un castelo construído no século XVI[3] que formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz (en Liáns) e o castelo de San Diego (en Oza, hoxe desaparecido), dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña[4]. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949[5] e desde o ano 1994 pasou a ter a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento[3]. Dende a súa inauguración no ano 1968 alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.[3]

Historia

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote próximo ao porto da Coruña, existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a santo Antón e nela confinábanse os navegantes co mal coñecido como lume de santo Antón (ergotismo), sendo tamén utilizado con posterioridade como lazareto.[6]

Precedentes

Outra vista do castelo.

Na visita á Coruña de Carlos V o 14 de abril de 1520, o Consello da cidade fíxolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos barcos ingleses e co obxecto de obter o permiso para a construción dunha Casa de Contratación, petición que fora feita pola nobreza e o clero galego nese mesmo ano, xa que desde o ano 1503 o comercio con América se centralizaba na Casa de Contratación de Sevilla.

Co regreso da expedición de Fernão de Magalhães e Juan Sebastián Elcano en setembro de 1522, o Consello da Coruña fixo chegar un memorial ao emperador Carlos V, solicitando que o seu porto fose a base comercial da nova ruta aberta.

Finalmente o emperador concedeulle a Casa de Contratación á cidade o 22 de decembro de 1522[7], facilitando o comercio co norte de Europa.

Construción

Entrada ao castelo.

No ano 1528 elixiuse a illa de Santo Antón como o lugar para a construción dunha fortaleza.[8] Nese ano recibíronse na Coruña cartas e provisións reais, nas que o emperador mandaba que se levantase unha fortificación.[9]

O enxeñeiro Fratín, inspector de fortificacións de Filipe II, referendou o lugar en 1581[10] e o rei autorizou a súa construción, que levou a cabo o profesor da Real Academia de Matemáticas, o enxeñeiro alférez Pedro Rodríguez Muñiz, que se atopaba en Galicia ao servizo do capitán xeneral marqués de Cerralbo.[8]

A obra iniciouse no ano 1587, tal e como indica unha inscrición situada a carón do escudo do marqués de Cerralbo da portada da fortaleza.[11]

Alxibe no interior.

Deseñou un modelo italiano adaptado a unha illa. Algún documento fala do uso para a construción de perpiaños da escaleira exterior estragada da Torre de Hércules.[2][8] A pedra da antiga muralla da cidade tamén foi utilizada para a súa construción.

No ano 1590 o rei Filipe II ordenou ao seu arquitecto Tiburcio Spinochio que continuase e finalizase as obras do castelo que foran interrompidas polo ataque de Francis Drake.[6] Deste xeito remataron nese mesmo ano as obras, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre que defende a porta.

A súa construción prolongouse desde o século XVI a boa parte do XVII, períodos durante os cales a cidade viu partir a Armada Invencible, tivo que facer fronte aos ataques ingleses (Drake en maio de 1589) e ao acoso da frota do arcebispo de Bordeos no ano 1639.

Batallas

Unha das pezas de artillaría.

Durante o ataque de Francis Drake á cidade foron dúas compañías de soldados e varias pezas de artillaría as que defenderon con eficacia o flanco sur da Cidade Vella desde o castelo sen rematar.

No ano 1639 a frota do arcebispo de Bordeos atacou a cidade. O fogo cruzado da artillaría deste castelo e a do desaparecido de San Diego xogou un importante papel na defensa.[6]

Lazareto e prisión

Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, e máis tarde foi empregado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa.[1][12]

Reformas do século XVIII

Plano de Antonio López Sopeña, 1776.[13]

A fortaleza sufriu importantes reformas a partir do ano 1777 para instalar nela o Corpo de Enxeñeiros do Exército, reformas nas que se construíron unha batería baixa, un pequeno porto, unha capela, ameas e a casa do gobernador. Estas reformas fixéronse necesarias ao quedar obsoleta a súa capacidade defensiva xa que os buques do século XVIII eran máis altos que o castelo, quedando as súas plataformas desprotexidas.

Casa do Gobernador.

Prisioneiros de sona do Castelo de Santo Antón

Desde comezos do século XVIII ata o século XX foi utilizado como prisión. Durante ese tempo estiveron reclusos no penal algúns persoeiros da época como:

Século XX

Nos anos 40 deste século a illa uniuse á terra por medio dunha prolongación do peirao das Ánimas.

No ano 1960 foi cedido polo Ministerio do Exército ao concello da Coruña, para albergar un museo que, despois da realización de obras de reforma desde 1964 dirixidas por Pons Sorolla, abriu as súas portas no ano 1968. En 1975 foi nomeado director Felipe Senén López.[15]

A temática do espazo museístico é a arqueoloxía e alberga pezas de ourivaría protohistórica, do megalitismo, da Idade de Bronce en Galicia, da cultura castrexa, da romanización de Galicia e outras relacionadas coa cidade.[12]

Descrición

Entrada do castelo cos escudos.

Trátase dunha fortaleza construída no século XVI na entrada da baía da Coruña.[16] Os seus antecedentes formais atópanse nos castelos italianos de inicios do século XVI, construídos por enxeñeiros ás ordes de Carlos I, e co castelo de Sant'Elmo en Nápoles como un dos exemplos máis achegados.[8]

É de estrutura alongada, adaptándose ao promontorio, coa entrada orientada cara ao porto.

Vista do patio de armas desde enriba.

A entrada está defendida por santabárbaras escavadas na rocha. No seu portalón sitúanse os escudos do Imperio co Vélaro de Ouro do gobernador marqués de Cerralbo e o da Inquisición.

Cruzando a entrada chégase a un patio de armas protexido por cortinas abovedadas laterais, e onde se sitúan as casamatas que acollen achados arqueolóxicos da provincia (sartegos, esculturas, laudas, heráldica...).

Á parte alta accédese por unha ampla rampla. Neste lugar, á esquerda sitúase o acceso ao alxibe, lugar no que se recolle a auga da choiva por medio dun sistema de canalización. Tamén se atopa aquí o pozo, que accede directamente ao alxibe. O extremo orientado cara á ría estrutúrase nunha plataforma estrelada para a colocación da artillaría,[16] onde se conservan canóns de época e as garitas.

A Casa do Gobernador é produto das reformas de finais do século XVIII e obra do enxeñeiro Antonio López Sopeña,[13] que deseñou un palacete en estilo neoclásico. Composto de dúas plantas, a inferior era a destinada a servir de cuartel e a superior estaba dividida entre dúas vivendas e a capela dedicada á Virxe do Rosario, patroa da cidade. Á cuberta do edificio accédese a través dunha estreita escaleira de caracol.[6]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Molina Sánchez, Cesar Antonio: Viaje a la Costa da Morte 2003, ISBN 84-8374-390-6 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 Ficha n.º 17 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1998 da cidade da Coruña.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ficha do Museo Arqueolóxico - Castelo de Santo Antón na páxina do Concello da Coruña.
  4. Sarmiento, Martín (1745). Viaje a Galicia :(1745) / Fr. Martin Sarmiento ; edición y estudio por J. L. Pensado (en castelán). p. 71. ISBN 8460018784. Consultado o 5 de febreiro de 2015. Vi desde tierra el castillo de San Antón y enfrente al mediodía está el Castillo de San Diego, y los dos son las claves (68 r.) del puerto, y pescadería. 
  5. Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección dos castelos españois Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Castillosnet.org Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).
  7. Que foi pechada no ano 1573
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Soraluce Blond, José Ramón. Guía da Arquitectura Galega (1999). Guías Galaxia, Galaxia, páx. 93 a 95. ISBN 84-8288-186-8.
  9. 9,0 9,1 Murguía, Manuel: "El Castillo de San Antón" en El Museo Universal n.º 3, p. 22-23, Madrid, 15/2/1858 (en castelán).
  10. Riveira Bullón, Adelaida (2013). Reconstrucción infográfica y volumétrica de las etapas constructivas del Castillo de San Antón (PDF) (en castelán). UDC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 05 de febreiro de 2015. 
  11. Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (en castelán) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 261. ISBN 84-85728-62-9. 
  12. 12,0 12,1 Turismocoruna.com Páxina web de turismo do Concello da Coruña. (en castelán)
  13. 13,0 13,1 Plano del Castillo de S.n Anton de la Plaza de la Coruña con el Proyecto que se propone executar para aloxar dentro de el la Tropa que le guarnece: Acer la capilla, Avitacion para el Governador y Capellán Arquivo Xeral de Simancas. (en castelán)
  14. "Què se'n va fer dels herois de la Guerra de Successió?" Arquivado 26 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.: Sàpiens; núm. 89; març 2010; p. 31; ed. Grup Cultura 03; ISSN 1695-2014
  15. Naya Pérez, Juan et al.: artigo "Coruña, A", en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada': A partir de 1975 ... empezaron os trámites para reinicia-las tarefas de limpeza e revisión dos traballos de investigación, materiais, estruturas, planimetría...
  16. 16,0 16,1 Castelo de Santo Antón en Turgalicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Lemak babiKomposisi lemakLemak jenuhTotal kejenuhan38–43%:Asam palmitat: 25–28%Asam stearat: 12–14%Asam miristat: 1%Lemak tak jenuhTotal lemak tak jenuh56–62%Lemak tak jenuh tunggal47–50%:Asam oleat: 44–47%Asam palmitoleat: 3%Lemak tak jenuh jamakAsam linoleat: 6–10%[1][2][3]PropertiEnergi makanan per 100 g (3,5 oz)3.770 kJ (900 kcal)Titik leburlemak punggung: 30–40 °C (86–104 °F)lemak ginjal: 43–48 °C (109–11...

 

Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Eurinome (disambigua). EurinomeEurinome (a destra) e Teti con Efesto infante ed Oceano in tutta la sua grandezza Nome orig.Εὐρυνόμη Caratteristiche immaginarieSpecieOceanina e titanide SessoFemmina ProfessioneDivinità dei prati e dei pascoli d'acqua. Eurinome (in greco antico: Εὐρυνόμη?, Eurynómē) è un personaggio della mitologia greca. È un'oceanina e titanide nonché dea dei prati e dei pascoli d'acqua...

 

Citroën C3InformasiProdusenCitroënMasa produksi2002–sekarangPerakitanAulnay-sous-Bois, PerancisPorto Real, Brasil (1st Gen., Picasso, Aircross)Bodi & rangkaKelasSuperminiTata letakFF layoutKronologiPendahuluCitroën Saxo Citroën C3 merupakan kendaraan sedan yang diproduksi oleh perusahaan Perancis, Citroën sejak tahun 2002 untuk pasaran Eropa. Citroën C3 pertama kali diluncurkan tahun 2002 dengan kendaraan 5 pintu. Mobil ini dirakit di Aulnay-sous-Bois, Perancis dan Porto Real, Bra...

Association football club in Czech Republic Football clubSK Sigma OlomoucFull nameSportovní Klub Sigma Olomouc a.s.Nickname(s)HanáciFounded1919; 105 years ago (1919) (as FK Hejčín Olomouc)GroundAndrův stadion, OlomoucCapacity12,566ChairmanJosef LébrManagerJiří SaňákLeagueCzech First League2022–236th of 16WebsiteClub website Home colours Away colours Current season SK Sigma Olomouc is a Czech professional football club based in the city of Olomouc. The club curre...

 

Ford 1941Ford Super Deluxe Business Coupe 1941InformasiProdusenFordMasa produksi1941-1942, 1946-1948Model untuk tahun1941–1942, 1946-1948Perakitanpabrik utamaDearborn, MI, AScabang perakitanTwin Cities, MN, ASSomerville, MA, ASRichmond, CA, ASNorfolk, VA, ASMemphis, TN, ASLouisville, KY, ASLong Beach, CA, ASKansas City, MO, ASEdgewater, NJ, ASDallas, TX, ASChicago, IL, ASChester, PA, ASBuffalo, NY, ASAtlanta, GA, ASArgentinaAustralia[1]Bodi & rangkaKelasFord ukuran penuhBen...

 

2016 American resupply spaceflight to the ISS CRS-9 redirects here. For the Orbital ATK CRS-9 mission, see Cygnus CRS OA-9E. SpaceX CRS-9SpaceX Dragon during approach to ISSMission typeISS resupplyOperatorSpaceXCOSPAR ID2016-046A SATCAT no.41672Mission durationFinal: 39 days, 11 hours, 3 minutes Spacecraft propertiesSpacecraftDragon C111Spacecraft typeDragon CRSManufacturerSpaceXDry mass4,200 kg (9,300 lb)DimensionsHeight: 7.2 m (24 ft)Diameter: 3.7 m (...

Differentiation between right and wrong For the capacity of a group's members to maintain belief in the face of opposition or hardship, see Morale. For the novella, see Morality (novella). Morals redirects here. For the film, see Morals (film). Immoralist redirects here. For the novel, see The Immoralist. Allegory with a portrait of a Venetian senator (Allegory of the morality of earthly things), attributed to Tintoretto, 1585 Morality (from Latin moralitas 'manner, character, p...

 

Crater on the Moon Feature on the moonHorrebowLunar Orbiter 4 imageCoordinates58°42′N 40°48′W / 58.7°N 40.8°W / 58.7; -40.8Diameter24 kmDepth2.5 kmColongitude41° at sunriseEponymPeder Horrebow The Horrebow area. A. Ferruggia Horrebow is a lunar impact crater that is located along the northern shore of Mare Frigoris, just to the south of the walled plain J. Herschel. To the west of Horrebow is the crater Robinson. The crater is named after Danish astronomer Ped...

 

Partai Rakyat Nasional نیشنل پیپلز پارٹیKetua umumGhulam Murtaza Khan JatoiDibentuk1986Dibubarkan2013Digabungkan denganLiga Muslim Pakistan (N)Kantor pusatKarachiSayap pelajarFederasi Pelajar Rakyat NasionalWarnaMerah, putih dan hijau    Senat0 / 104Majelis Nasional2 / 342Majelis Sindh / 168<div error>Kesalahan ekspresi: Operator / tak terduga%; height: 1em;>Lambang pemiluTraktorBenderaPemilihan umum Partai Rakyat Nasional (bahasa Urdu: نیشنل ...

Pathogen that can be weaponized This article is about harmful biological agents. For therapeutic biological drugs, see Biopharmaceutical. Weapons of mass destruction By type Biological Chemical Nuclear Radiological By country Albania Algeria Argentina Australia Brazil Bulgaria Canada China Egypt France Germany India Iran Iraq Israel Italy Japan Libya Mexico Myanmar Netherlands North Korea Pakistan Philippines Poland Rhodesia Romania Russia (Soviet Union) Saudi Arabia South Africa South Korea ...

 

Sceaux 行政国 フランス地域圏 (Région) イル=ド=フランス地域圏県 (département) オー=ド=セーヌ県郡 (arrondissement) アントニー郡小郡 (canton) 小郡庁所在地INSEEコード 92071郵便番号 92330市長(任期) フィリップ・ローラン(2008年-2014年)自治体間連合 (fr) メトロポール・デュ・グラン・パリ人口動態人口 19,679人(2007年)人口密度 5466人/km2住民の呼称 Scéens地理座標 北緯48度4...

 

† Палеопропитеки Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:СинапсидыКласс:�...

此條目可参照英語維基百科相應條目来扩充。 (2021年5月6日)若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 约翰斯顿环礁Kalama Atoll 美國本土外小島嶼 Johnston Atoll 旗幟颂歌:《星條旗》The Star-Spangled Banner約翰斯頓環礁�...

 

此條目可参照英語維基百科相應條目来扩充。 (2021年5月6日)若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 约翰斯顿环礁Kalama Atoll 美國本土外小島嶼 Johnston Atoll 旗幟颂歌:《星條旗》The Star-Spangled Banner約翰斯頓環礁�...

 

DoD agencies that provide tactical support to the US military during combat operations This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Combat support agency – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) (Learn how and when to remove this message) DoD organization, including CSA designations....

منتخب أيرلندا الشمالية تحت 19 سنة لكرة القدم بلد الرياضة أيرلندا الشمالية  الفئة كرة قدم للرجال تحت 19 سنة  [لغات أخرى]‏،  وكرة قدم تحت 20 سنة للرجال  [لغات أخرى]‏  رمز الفيفا NIR  مشاركات تعديل مصدري - تعديل   منتخب أيرلندا الشمالية تحت 19 سنة لكرة القد�...

 

Not YetInformasi latar belakangAsalTokyo, JepangGenrePopTahun aktif2011 (2011)–2013LabelNippon ColumbiaArtis terkaitAKB48AnggotaYuko OshimaRie KitaharaRino SashiharaYui Yokoyama Not Yet (ノット・イェットcode: ja is deprecated , Notto Yetto) atau ditulis Not yet adalah salah satu unit dari grup idola Jepang AKB48. Anggota Keempat anggotanya berasal dari Ohta Production. Asal grup Tanggal lahir Yuko Oshima AKB48 17 Oktober 1988 (umur 35) Rie Kitahara AKB48 24 Juni 1991 (umur...

 

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) The article's lead section may need to be rewritten. Please help improve the lead and read the lead layout guide. (May 2018) (Learn how and when to remove this message) This article is written like a personal reflection, personal essay, or argumentative essay that states a Wikipedia editor's personal feelings or presents an original argumen...

承欢记Best Choice Ever类型都市、情感、话题原作《承欢记》亦舒作品编剧 李晶凌(总编剧) 伍湘玲、胡晓钰、张晓晶 导演田宇主演杨紫、许凯、牛骏峰、许龄月、张耀、何赛飞、姚安濂、吴彦姝国家/地区 中国大陆语言汉语普通话标语爱在生活里,家在承欢记!集数37集[註 1]每集长度约45分钟配乐张镒麟(音乐总监)制作拍摄/制作年份2023年6月18日-2023年9月23日制作...

 

Một nữ tu Chính Thống giáo Một ni sư tại Xiêm Riệp, Campuchia Một nữ tu Hai nữ tu dòng Cát Minh Nữ tu hay nữ tu sĩ là những người phụ nữ tự nguyện rời bỏ cuộc sống vật chất, xa lánh khỏi trần thế, sự đời để sống một cuộc sống khép kín, chuyên tâm cho việc tu hành, cầu nguyện, chiêm nghiệm cuộc đời thế thái nhân gian ở tu viện, tự viện, thiền viện hoặc các địa điểm tôn gi�...