O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en marzo do 2005.
O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 m² e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.
Historia
O proxecto construído, xunto co centro de lecer, foi o gañador dun concurso internacional en 2001. Os outros proxectos presentados foron os de Jean Nouvel[1] e Arturo Franco Taboada e o de Jerónimo Junquera e Marc Fenwick.[2]
Salas
O edificio dispón de numerosos espazos e salas, así como dous auditorios.
- Auditorio Gaviota: auditorio cun escenario de 235 metros cadrados e con capacidade para 1500 espectadores. A súa área total e de 1500 metros cadrados
- Auditorio Arao: pequeno auditorio e sala de conferencias con capacidade para 500 espectadores que conta cun escenario de 88 metros cadrados e unha superficie total de 600 metros cadrados.
- Sala Azimut
- Sala VIP Bitácora
- Loft Dársena
Distincións
- Premio OPC ao mellor Palacio de Congreso do estado español.
- Finalista do premio APEX no 2006, alzándose como un dos tres mellores palacios de congresos do mundo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|