A Torre Costa Rica, ou Torre Hercón, é un rañaceos situado na Coruña. Cos seus 119 metros, é o edificio máis alto de Galiza.
Deseñada polo arquitecto coruñés José Antonio Franco Taboada[1], foi construída entre 1973 e 1975, arrebatándolle o posto de edificio máis alto de Galiza á coruñesa Torre Galicia. No seu momento foi o segundo edificio máis alto de España, só por detrás da madrileña Torre de Madrid.
Destinada a un uso mixto (tanto de oficinas coma de vivendas), sitúase na rúa Costa Rica, en pleno centro da cidade.
Historia e descrición
A Torre Costa Rica foi construída con estrutura de formigón entre 1973 e 1975, alcanzando a cota máxima o 31 de outubro de 1974.
Forma parte dun grupo de edificios promovido pola "Cooperativa de la Hermandad de Alféreces Provisionales" que albergan 372 viviendas, das que noventa pertencen á torre.[2] Os cinco primeiros andares dedícanse a oficinas, existe un andar de instalacións eléctricas, as seguinte vinte e catro son vivendas e a última é mixta: a letra B é unha vivenda que forma un dúplex co 24 B) e o A e o C son de medios de comunicación (a principios da década de 1980 foi ocupada por Radio 80, mentres que posteriormente o ocupou a delegación na Coruña da Radio Galega e da Televisión de Galicia). En principio o 25.º andar estaba dedicado a restaurante.[3]
O ano 2012 rehabilitouse o edificio co reforzo da estrutura e da cornixa mediante a impermeabilización e a protección da fachada. Tamén se substituíron os ascensores por outros sensiblemente máis rápidos.[4]
En abril de 2013 produciuse un incendio no 14.º andar, sen consecuencias graves.[5]
Datos
- Altura: 119 metros.
- Estrutura: formigón.
- Plantas: 31 + 2 sotos.
- Ascensores: 4.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas e da imaxe | |
---|
Espazos naturais | |
---|
Outros lugares | |
---|
|