Praia de Riazor

Praia de Riazor
Vista da praia de Riazor.
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados
Características xerais
Lonxitude610 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimo
Características específicas
Tipo de praiaUrbana
Tipo de areaGrosa
Condicións do baño
Aspectos medioambientais
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Sinalización do acceso

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Características

Conta con aseos, duchas, alugamento de tumbonas, vixilancia, servizo de socorro, posto de primeiros auxilios, posto de salvamento da Cruz Vermella, acceso para persoas con diversidade funcional, aparcadoiro (baixo o Paseo Marítimo e de pago), quiosco de prensa e múltiples cafeterías e bares con terraza.

Céntrica, preto da Praza de Pontevedra, do Pazo de Deportes e do Estadio Municipal de Riazor. Chegan á praia as liñas de buses: 3, 3A e 7.

Non se permiten animais. Moi concorrida de maio a setembro.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos