Río Mesoiro

Modelo:Xeografía físicaRío Mesoiro
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónElviña Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía da Coruña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°20′05″N 8°25′44″O / 43.3347628, -8.42885
Características
Dimensións7,4 (lonxitude) km

O río Mesoiro, coñecido nalgúns treitos como rego de Beneirón[1][2], rego de Campos ou río Monelos[3], é un río galego que nace e desemboca no concello da Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.

Percorrido

Obras de canalización dun treito do río no polígono de Pocomaco en 2014.

Nace na parroquia de San Vicenzo de Elviña, no lugar de Castiñeiras, preto do límite municipal entre A Coruña e Arteixo. Dende alí baixa ata Feáns, recibindo durante este percorrido o nome de rego de Beneirón. Logo continúa ata Mesoiro coa denominación de rego de Campos. A partir de Mesoiro é coñecido como río Mesoiro e continúa o seu traxecto paralelo ó polígono de Pocomaco, sufrindo dúas pequenas canalizacións parciais durante este treito (na travesía de Mesoiro e arredor dunha vía de acceso a Pocomaco). A partir da entrada principal do devandito polígono xa se atopa totalmente canalizado baixo terra ata o peirao de San Diego, no porto da Coruña, onde desemboca. Durante o curso soterrado, o río pasa baixo os barrios do Martinete, Someso, O Birloque, Polígono de Elviña, Monelos, A Cubela e A Gaiteira. No último treito recibe o nome de río de Monelos.

Afluentes

Pola marxe esquerda:

  • Río de Pastoriza[1], que enche o encoro de Meicende. Antes de confluír co Mesoiro, únese na Agrela cun rego que baixa da Moura[4].
  • Rego de Moitos[1], que pasa canalizado por Pocomaco, onde recibe dous pequenos afluentes antes de converxer co Mesoiro[4].
  • Rego dos Carneiros[1], na zona de Feáns. Ten un afluente chamado rego de Conxes[2].

Pola marxe dereita:

Ademais, tamén conflúen pola marxe dereita outros tres cursos fluviais máis curtos, un situado na zona de Feáns[4], outro localizado entre Feáns e Mesoiro[4] e finalmente outro máis que baixa dende Eirís de Abaixo polas Cernadas[3]. Practicamente tódolos ríos listados posúen algún treito canalizado, en maior ou menor medida, aumentando a frecuencia canto máis dentro se atopan do casco urbano consolidado, tal e como acontece co propio río Mesoiro.

Historia

O río atravesaba os terreos do antigo concello de Oza (anexionado polo concello da Coruña en 1912), de actividade principalmente agrícola, servindo no seu último treito como límite entre este concello e o da Coruña. Dende mediados dos século XX, coa expansión urbanística da cidade, o río foi canalizado e soterrado progresivamente ata desaparecer completamente do contorno urbanizado, manténdose sen canalizar tan só nas zonas de Feáns e Mesoiro.

Pesca

Antes da canalización do río, as anguías criadas nas súas augas eran de gran calidade[6]. Alén diso, a pesca na contorna costeira achegada ó río fora dunha riqueza importante, como xa se recoñecera no século XVIII:

En las Postas de la Bahía ya expuestas, con los títulos de [...] Río de Monelos, [...] se pesca con abundancia en sus tiempos la Sardina y en todas respectivamente sardas, jureles, bogas, salmonetes, y rodabálos, robalizas, y mugiles.
José Cornide Saavedra: Memoria sobre la pesca de sardinas en las costas de Galicia, 1774[7]

A pesar disto, durante a campaña xornalísitica da prensa coruñesa en prol da canalización, afirmouse que a fauna do río non tiña ningún valor coa intención de que non se adoptase outro tipo de alternativa rexeneradora, tal e como se observa neste artigo:

No se dañará riqueza ictiológica por la sencilla razón de que en toda su vida fué incapaz de nutrir en sus aguas el más insignificante embrión de trucha, y las cuatro docenas de aprendices de anguilas que en sus légamos pueden culebrear no valen ni dos reales, poniendo un precio sumamente exagerado. Ni campañas de Prensa ni duelos técnologicos habrá en el adecentamiento del río coruñés como desgraciadamente pasa con otros ríos. Lo que habrá serán muchas felicitaciones para quienes lleven a cabo la obra de canalizarlo y taparlo bien tapado, con mucho hormigón o con mucho lo que sea.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Augas de Galicia. "Evaluación preliminar del riesgo de inundación, Demarcación Hidrográfica Galicia Costa" (PDF). p. 121 (p.148 do ficheiro dixital). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "VisorSigPac". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  3. 3,0 3,1 O río da Coruña chámase Monelos Fisterra: Caderno de aula de xeografía e historia de 1º de ESO do IES Elviña
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Documento Refundido do PXOM da Coruña, axustado ás condicións contidas na Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de 25/02/2013. Xunta de Galicia.
  5. O uso sustentábel da auga e a súa relación co territorio no Campus Universitario de Elviña da Universidade da Coruña Juan Cagiao Villar, Manolo Soto Castiñeira, Xosé Lois Martínez Suárez, Jesús Manuel Giz Novo, María José Servia García, Elvira Sahuquillo Balbuena, Flavia Piñeiro Ces. p. 6.
  6. La Opinión A Coruña (ed.). "El niño de la Granja Agrícola". La ciudad que viví. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2014. [...] anguilas, de las que había muchas en el río de Monelos [...]. Las anguilas eran de una excelente calidad y las vendíamos en el bar Chacolí de Monelos, donde nos las pagaban bien [...]. Solíamos coger de cada vez unos diez kilos, ya que hacíamos unas pequeñas presas en los regatos y dejábamos las anguilas al aire.  (en castelán)
  7. José Andrés Cornide y Saavedra (1774). "Ordenanza de la Coruña, aprobada por S.M. en 5 de Junio de 1769". Memoria sobre la pesca de sardinas en las costas de Galicia (en castelán). p. 101. 
  8. Regino Barbeito (07/10/1954). "Canalicemos el río de Monelos". La Noche nº 10.485 (en castelán). p. 2. 

Véxase tamén

Outros artigos