Millenium
O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos. O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto.[1][2] Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas. De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos. O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.[3] Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
|