Ronda de Outeiro


Rolda de Outeiro
Cruzamento coa Av. de Fisterra
TipoloxíaRolda de circunvalación
Dimensións
Lonxitude4,5 km
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioAvenida do Exército
FinAvenida de Gerardo Porto (Paseo marítimo)
LocalidadeA Coruña
Como chegar
Bus
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

A rolda de Outeiro[1] é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende a avenida do Exército, nas proximidades do porto, ata a avenida de Gerardo Porto, un tramo do paseo marítimo.

Historia

A rolda de Outeiro aparece tal como se construíu, dende A Gaiteira ata Labañou, no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento de César Cort (1945), no que se recollían algunhas roldas para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Outeiro.[2]

O nome de Outeiro deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do cruzamento da Rolda coa avenida de Fisterra, o lugar máis alto de toda a estrada.[3]

Descrición

Hoxe en día a rolda de Outeiro é a rúa máis longa da Coruña. A rolda achega os dous extremos costeiros da cidade pero non estivo rematada ata a construción do polígono dos Rosales en 1994.

Tódalas estradas que entran e saen da cidade da Coruña atravesan a rolda de Outeiro, o que a fai dela unha vía moi saturada en hora punta. A rede semafórica está controlada e programada en función do número de vehículos que circulan por ela.

Notas

  1. "O Concello establece este domingo 23 un dispositivo especial de tráfico pola celebración do maratón Coruña42". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  2. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 
  3. Blog. Ronda de Outeiro: La más larga y de costa a costa Arquivado 01 de xullo de 2012 en Wayback Machine. 10 de xullo de 2009 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía