A avenida de Oza é unha rúa da cidade da Coruña que atravesa os barrios da Gaiteira e Os Castros.[1]
Historia
Orixinariamente a rúa formaba parte da estrada da Pasaxe. Coa súa urbanización foi bautizada en dous tramos como avenida de García Prieto, ata a Gaiteira, e de Francisco Ferrer a partir dese punto. En 1936 bautizouse como avenida do general Sanjurjo.[2]
O 30 de abril de 1987 a sucursal do Banco Pastor da avenida sufriu un atentado terrorista que causou importantes danos materiais, tanto na propia oficina coma nos predios veciños, consecuencia da onda expansiva.[6]
Arquitectura
Entre os edificios catalogados na avenida de Oza están:[7]